A FGE puxo en marcha, en setembro de 2020, un ciclo de encontros virtuais co obxectivo de explicar á administración galega tanto as iniciativas levadas a cabo pola UE en resposta á crise sanitaria, como as estratexias políticas e programas de financiamento que a UE estaba deseñando para a súa aplicación durante o período 21-27. 

Agora que os piares da recuperación xa están afianzados e a posta en marcha dos diferentes programas de financiamento xa é unha realidade, os encontros virtuais permanecen como un foro de debate coas institucións europeas, establecido pola FGE para trasladar mensualmente á administración autonómica aquelas prioridades europeas con maior repercusión en Galicia. As transicións verde e dixital, a cuestión demográfica ou a reforma do marco normativo de axudas estatais foron algúns dos múltiples temas tratados ata o de agora da man de diversos representantes das institucións europeas.

Co ánimo de fomentar as sinerxías con estes actores comunitarios, en cada encontro virtual tamén se relata a experiencia galega, mostrando así como se traslada na nosa rexión o requirido a nivel europeo. En 2024, a FGE seguirá organizando estes encontros guiándose polas prioridades marcadas na axenda europea.

 

 

 

2024

 

  • 28 de febreiro · Global Gateway: unha nova visión da acción exterior europea
    Noticia e Acta. 
  • 23 de abril · As prioridades da Comisión von der Leyen: avaliación e perspectivas futuras
    Noticia e Acta.
  • 4 de xuño · A Lei de Restauración da Natureza: unha protección reforzada da biodiversidade europea
    Noticia e Acta.
  • 19 de xullo · Eleccións europeas 2024: retos e oportunidades para os próximos cinco anos
    Noticia e Acta.
  • 18 de setembro · STEP: o financiamento europeo de tecnoloxías estratéxicas
    Noticia e Acta.
  • 29 de outubro · O futuro da PAC: unha visión sostible, resiliente e competitiva
    Noticia e Acta.

2023

 

  • 15 de febreiro · A Declaración Conxunta 23-24
    Noticia e Acta
  • 29 de marzo · Os avances climáticos de “Obxectivo 55”: FSC e CBAM
    Noticia e Acta
  • 26 de abril · A transición do ecosistema europeo da mobilidade: a aportación rexional
    Noticia Acta
  • 21 de xuño · A execución do MRR: unha aproximación práctica
    Noticia Acta
  • 5 de xullo · As prioridades da Presidencia española
    Noticia e Acta
  • 27 de setembro · O Ano Europeo das Competencias: un novo pulo ós obxectivos sociais da UE
    Noticia e Acta
  • 25 de outubro · As pemes nun mundo en constante cambio: novos apoios e iniciativas da UE
    Noticia e Acta
  • 13 de decembro · A aplicación rexional dos ODS: leccións aprendidas e avances ata 2030
    Noticia e Acta

2022

 

  • 25 de xaneiro · Camiñando cara a unha mobilidade sostible e intelixente: a transformación do transporte na UE
    Noticia.
  • 9 de marzo · As prioridades da Comisión Europea para 2022
    Noticia e Acta.
  • 30 de marzo · As Misións de Horizonte Europa: un novo enfoque ante os retos da UE
    Noticia e Acta.
  • 3 de maio · O Mecanismo de Transición Xusta: a ferramenta rexional para facilitar a transición verde
    Noticia e Acta.
  • 8 de xuño · O futuro dixital de Europa: que agardar ata 2030?
    Noticia e Acta.
  • 6 de xullo · O Semestre Europeo 2022: un novo ciclo de investimentos e reformas
    Noticia e Acta.
  • 28 de setembro · REPowerEU: un un pulo verde á independencia enerxética da UE
    Noticia.
  • 26 de outubro · Política de cohesión 21-27: retos e perspectivas dun novo período de programación
    Noticia e Acta.
  • 14 de decembro · A execución do MRR: unha perspectiva rexional
    Noticia e Acta

2021

 

  • 27 de xaneiro · As prioridades da Comisión Europea: repercusións para a administración rexional
    Noticia e Acta.
  • 24 de febreiro · Os retos demográficos da UE
    Noticia e Acta.
  • 24 de marzo · As repercusións para Galicia da posta en marcha do MRR
    Noticia e Acta.
  • 27 de abril · UEproSaúde: unha visión común sobre o futuro da saúde en Europa
    Noticia e Acta.
  • 26 de maio · O Pacto Verde Europeo: un marco sostible para impulsar a recuperación económica
    Noticia e Acta.
  • 7 de xullo · Engadindo azul ó verde: o novo enfoque da UE para unha economía azul sostible
    Noticia e Acta.
  • 30 de setembro · Obxectivo 55: un paso intermedio para acadar a neutralidade climática
    Noticia e Acta.
  • 28 de outubro · A recuperación económica en España: un enfoque integral
    Noticia.
  • 15 de decembro · Axudas de Estado: novidades e perspectivas dun marco normativo en reformas
    Noticia.

2020

 

  • 16 de setembro · A transición verde
    Noticia e Acta.
  • 23 de setembro · A nova Estratexia Industrial para Europa.
    Noticia e Acta.
  • 30 de setembro · A programación dos fondos estruturais 21-27 e os recursos de REACT-EU
    Noticia e Acta.
  • 7 de outubro · O Plan de Recuperación para Europa
    Noticia e Acta.
  • 21 de outubro · Os retos da UE no ámbito dixital
    Noticia.
  • 28 de outubro · As reformas estruturais en España no marco do MRR
    Noticia e Acta.
  • 4 de novembro · Os retos da I+i no próximo período de programación
    Noticia.
  • 11 de novembro · O novo Plan de Acción para a Economía Circular
    Acta.
  • 18 de novembro · A política de biodiversidade da UE: próximos pasos ata 2030
    Noticia.
  • 2 de decembro · A PAC do Pacto Verde
    Noticia e Acta.
  • 9 de decembro · O papel do BEI na recuperación.
  • 15 de decembro · A política de competencia da UE nun escenario de crise