Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Encontros Virtuais » A Xunta aborda coa Comisión Europea o estado da execuxión do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia

A Xunta aborda coa Comisión Europea o estado da execuxión do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia

14/12/2022 | , , ,

— A nova edición do ciclo de encontros virtuais «FGE | NextGeneratiOn Galicia»,  organizado pola Fundación Galicia Europa, achega á administración galega o estado e perspectivas dos fondos da recuperación.

 

Bruxelas, 14 de decembro de 2022. A Fundación Galicia Europa (FGE) celebrou o noveno encontro virtual de 2022, o último do ano, no marco do seu ciclo «FGE | NextGeneratiOn Galicia». Nesta ocasión, o tema a tratar foron os fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) xunto a Isabel Lara, da Comisión Europea, e Ángel Tarrío, director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos da Xunta de Galicia.

O MMR comezou a executarse no ano 2021, como resposta conxunta da Unión Europea á crise económica motivada pola pandemia da Covid-19, sendo España o primeiro país receptor destes recursos, con 164 000 millóns de euros dispoñibles a executar ata 2026. Nestes momentos, a Comisión Europea está analizando a terceira solicitude de pago presentada por España e esta está traballando nunha modificación do Plan nacional de Recuperación e Resiliencia para integrar máis de 7 000 millóns de euros extra derivados dun axuste técnico e 2 600 millóns de euros para cumprir coas recomendacións dadas dentro do plan europeo para reducir a dependencia dos combustibles fósiles (RepowerEU).

Galicia ten mobilizados en torno a 1 000 millóns de euros, transferidos dende o Estado a cargo do MRR. En relación cos proxectos industrias que o Estado está a financiar a través dos chamados PERTE, a Xunta de Galicia leva traballando dous anos co tecido empresarial e os centros de coñecemento en máis dunha trintena de proxectos xa maduros para poder acceder ao financiamento. Son proxectos estratéxicos vinculados coa economía circular, as novas fontes de enerxía renovable, a biotecnoloxía, o sector agroalimentario e a mobilidade do futuro.

Ana Ramos afirmou: «As rexións desempeñamos un papel fundamental na posta en marcha do MRR, polo que seguimos avogando polo establecemento de mecanismos de colaboración eficaces que garantan unha gobernanza multinivel»

Ana Ramos, directora da oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa, destacou o papel das rexións na execución do MRR, avogando por unha gobernanza multinivel “que garantirá un reparto eficaz dos recursos e favorecerá PERTE axustados ás necesidades do tecido empresarial”.

.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data