III. Información sobre a Unión Europea en Galicia
A evolución das políticas europeas, as posibilidades de financiamento comunitario e as oportunidades de emprego e prácticas nas institucións son os tres principais eixos de información europea facilitada pola FGE. Faino a través do seu portal web, das redes sociais e de boletíns electrónicos informativos. VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL➤ Boletíns informativos
Elaboramos 9 boletíns informativos para a cidadanía en Galicia, con novidades da UE e participación galega nos asuntos europeos, e nos que destacamos os grandes foros europeos, as convocatorias e as consultas públicas máis relevantes para Galicia. O boletín ten uns 1.300 subscritores.
➤ Redes sociais
Nas redes sociais seguimos aumentando o número de seguidores: un 30% máis en LinkedIn, onde as nosas 222 publicacións conseguiron máis de 137.000 impresións; e un 5% máis en Twitter, onde as nosas 446 publicacións tiveron 126.000 impresións.
➤ Nova web
En marzo publicamos o novo portal web da FGE cun deseño máis atractivo e novas seccións co obxectivo de ofrecer unha mellor información sobre a actividade que desenvolve a entidade, así como sobre a participación de Galicia nos asuntos comunitarios.
Así, conta cunha sección de actualidade que inclúe novas enmarcadas en catro apartados: Unión Europea, Galicia na UE, Actividades da FGE e EuroXuventude. Inclúense novos apartados como “Análise FGE”, apartado con informes sobre os temas máis importantes a debate na UE desde a perspectiva galega; “Axenda”, que recolle actos pasados e futuros sobre a participación galega nos asuntos comunitarios e grandes eventos a nivel europeo; ou “Boletíns FGE”, que recolle todos os boletíns mensuais elaborados pola FGE.
A web segue tendo un apartado específico sobre as posibilidades de financiamento comunitario, onde se pode consultar a Guía de Financiamento Comunitario 2021-2027 en pdf, así como os resumos dos programas de financiamento directamente na web.
Datos da web FGE no ano 2022
No ano 2022, a web da FGE tiña 11.491 usuarios; é dicir, número de persoas que a consultaron. O 85,7% eran usuarios novos, que non visitaran a web antes. Graváronse un total de 20.171 sesións, o que significa que se accedeu á web nese número de veces. Polo tanto, a relación de sesións por usuario é de 1,76.
A duración media da sesión foi de 3 minutos e 52 segundos. Visitáronse un total de 70.661 páxinas vistas, o que supón unha proporción de 3,5 páxinas por sesión. A taxa de rebote, sesións dunha soa páxina sen ningunha interacción, foi do 52,38%. Os días con maior número de usuarios foron o 5/30, con 699; o 8/4, con 395; e o 13/9, con 251.
España foi o Estado con maior porcentaxe de usuarios cun 57,86%. Os catro seguintes foron Estados Unidos (8,14), Bélxica (7,2), Alemaña (4,79) e Francia (2,25). Máis da metade dos usuarios, o 51,63%, entraron desde Windows. 19,34% desde Android e 11,25% desde iOS. O 54,15% das sesións foron realizadas por homes, nun 45,85% por mulleres. Por franxa de idade, a máis numerosa foi de 25 a 34 anos cun 33,5%. Séguelle o sesgo de 18 a 24 (27,5%), 35-44 (15,5), 45-54 (12,5). Os rangos dos 55 aos 64 anos e os maiores de 65 anos representan cada un un 5,5%.
Con respecto ao ano 2021, o número de usuarios aumentou un 1,59%, pasando de 11.311 a 11.491. Os novos usuarios tamén aumentaron un 1,87%. As sesións, con todo, baixaron un 5,96%; de 21449 a 20171. O número de sesións por usuario diminuíu un 7,43%. As páxinas vistas aumentaron un 21,01%, pasando de 58.392 a 70.661, así como o número de páxinas por sesión, un 28,68%. A duración media da sesión aumentou un 51,61 % e a taxa de rebote diminuíu un 1,95%.
➤ Novas
A FGE publicou en 2022 254 noticias: 37 da FGE, 76 noticias referidas á participación galega nos asuntos comunitarios, 113 referidas á UE e 28 dentro do apartado EuroXuventude.
➤ Revista ECO
A FGE aportou 13 artigos á revista ECO dixital.
