Convocatorias de interese para Galicia
Portada » Financiamento comunitario » Convocatorias de interese para Galicia
Convocatorias de interese para Galicia
Misión da UE sobre o solo
A convocatoria de propostas da misión do solo 2021 pretende sentar as bases para un despregamento estruturado das actividades da misión e establecer unha vía crible para contribuír á meta e os obxectivos da misión. Os proxectos financiados apoiarán a creación de laboratorios viventes da saúde do chan e a validación e definición de indicadores da saúde do chan; e a creación dunha nova xeración de asesores do chan para orientar aos propietarios e xestores de terras na aplicación de prácticas sostibles, así como para guiar ás autoridades na toma de decisións para un impacto positivo na saúde do chan. A convocatoria tamén pretende apoiar a investigación para analizar a relación entre a saúde do chan e os alimentos nutritivos e seguros, e concienciar sobre o valor de investir na saúde do chan e os beneficios colaterais en toda a sociedade. A misión articúlase ao redor de catro piares:
- Un ambicioso programa de investigación e innovación cun forte compoñente de ciencias sociais.
- Unha rede de laboratorios viventes e faros para cocrear coñecementos e probar e demostrar solucións.
- Un marco harmonizado para a vixilancia do chan.
- Sensibilización cidadá sobre o valor do chan.
Creative Europe Programme (CREA)
ATA O 12 DE XANEIRO DE 2023 O obxectivo é apoiar a distribución sostible de música, centrándose na música en directo. A acción tratará de aumentar a competitividade, a innovación e a diversidade do sector musical europeo. O obxectivo desta convocatoria é seleccionar un consorcio capaz de promover a competitividade, a innovación e a diversidade nun gran número de organizacións europeas do sector musical, incluso proporcionándolles apoio financeiro. O orzamento é de 4.500.000 €. Ler máis.
Innowwide: Estudos de viabilidade de mercado
Esta convocatoria financia proxectos de viabilidade de mercado de pemes innovadoras con ambición de competir en novos mercados internacionais. Os proxectos de viabilidade de mercado deben ser presentados por unha peme dun Estado membro da UE ou dun país asociado a Horizonte Europa e incluír unha entidade socia independente (subcontratista principal do proxecto de viabilidade do mercado), establecida legalmente no país de destino. A primeira convocatoria de Innowwide financiará polo menos 25 proxectos con socios en América do Norte ou do Sur, Asia-Pacífico e Oriente Medio e ata 25 proxectos con socios en África. A data límite é o 15 de novembro. Ler máis
Water4All
Esta convocatoria apoiará proxectos de investigación e innovación destinados a proporcionar coñecementos, modelos, enfoques, ferramentas e metodoloxías para comprender mellor os procesos hidrolóxicos a diferentes escalas, co fin de responder de forma máis eficiente aos problemas de auga relacionados con eventos extremos. A convocatoria conta cun orzamento total de 34 millóns de euros, sendo o financiamento para as entidades españolas de 2,7 millóns de euros. A data límite é o 31 de outubro. Ler máis
CET Partnership – Transición Enerxética Limpa
Esta convocatoria ten coma obxectivo financiar proxectos que desenvolvan solucións e proporcionen resultados para a transición enerxética limpa. Espérase que a maioría dos proxectos cumpran niveis de preparación tecnolóxica media-alta (TRL 6-8). O orzamento do CDTI Innovación para as empresas españolas interesadas en participar na convocatoria é de 1,5 millóns de euros. O orzamento da Axencia Estatal de Innovación para os organismos de investigación interesados en participar na convocatoria é de 2 millóns de euros. As datas límites son o 22 de novembro ou o 20 de marzo. Ler máis
Consolidator Grant 2023
Esta convocatoria está indicada para persoal investigador con 7 a 12 anos de experiencia dende a finalización do seu doctorado, cun historial científico que amose a súa valía, cunha excelente proposta de investigación e que queira consolidar a súa independencia creando un equipo de investigación. O financiamento estándar é de ata 2 millóns de euros durante un período de 5 anos e ofrécese un servizo de asesoramento para a presentación de candidaturas a todos os investigadores que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución galega. Ademáis, celebrarse un taller online o 7 de outubro sobre a preparación de propostas centrado na convocatoria Consolidator Grant 2023. A data límite para presentarse é o 22 de febreiro. Ler máis
EIT Food Innovation
A comunidade de innovación alimentaria máis grande do mundo, publicou a súa convocatoria onde se buscan propostas de proxectos de innovación colaborativas que aporten ao mercado solucións tecnolóxicas innovadoras comercialmente viables en resposta a desafíos específicos do EIT Food. As solucións innovadoras deben ter un nivel mínimo de preparación tecnolóxica (TRL 5) no momento da presentación da proposta. O orzamento total dispoñible da convocatoria é de 20 millóns de euros. O orzamento máximo por proxecto é de ata 1,2 millóns de euros para proxectos cunha duración máxima de 24 meses e 600 000 euros para proxectos cunha duración máxima de 12 meses. Esta convocatoria está aberta ata o 14 de outubro. Ler máis
Actuacións do Plan de Recuperación “España Puede”
No segundo semestre de 2022, España prevé executar máis de 17.000 millóns de euros do MRR segundo o calendario actualizado de convocatorias e licitacións previstas. Este documento recolle as actuacións previstas con indicación do organismo responsable, os destinatarios finais, o orzamento estimado e a forma de execución. Entre os investimentos máis cuantiosos, destacan as axudas á dixitalización de pequenas empresas, microempresas e autónomos baixo o programa Kit Dixital (1.000 M€); os investimentos en equipos de alta tecnoloxía para hospitais (400 M€); a mellora da competitividade e sustentabilidade da industria agroalimentaria (400 M€); o fomento da economía circular no eido empresarial (200 M€) e os investimentos na rede de ferrocarril (2.000 M€). Ler máis
LIFE – Transición hacia enerxías limpas (Clean Energy Transition -CET)
Segunda convocatoria deste novo apartado de Life que dedica case 100 millóns de euros a financiar, ao 95% do seu custo, proxectos en catro eidos: (1) o desenvolvemento de marcos políticos e lexislativos que favorezan a transición cara enerxías limpas (plans de transición enerxética rexional e local, aplicación da lexislación vixente, certificación de provedores e aplicación do principio “Eficiencia enerxética primeiro”); (2) o despregamento da tecnoloxía, a dixitalización, a instauración de novos modelos de negocio e a mellora das capacidades profesionales; (3) a atracción de financiamento privado para as enerxías sostibles; e (4) a implicación e empoderamento dos cidadáns nesta transición. Estas convocatorias están abertas ata o 16 de novembro. Ler máis
‘Local and regional pairing schemes’
Dentro do programa “Science meets Regions”, o Centro Común de Investigación abre esta convocatoria para financiar con até 15.000 € visitas a centros de investigación ou institucións públicas co obxectivo de reforzar o deseño e a aplicación de políticas públicas a partir de datos científicos. Poden presentarse administracións públicas locais e rexionais, así como calquera outra entidade sen ánimo de lucro que comparta este obxectivo. Estas convocatorias están abertas ata o 23 de setembro. Ler máis
Consulta todas as convocatorias abertas no portal Funding and tenders.