Transparencia

Portada » Fundación » Transparencia

En cumprimento da normativa estatal e autónomica en materia de transparencia, recollénse neste apartado distintas informacións relativas á Fundación Galicia Europa en canto entidade instrumental do sector público autonómico:

Normativa de aplicación

En cumprimento da normativa estatal e autónomica en materia de transparencia, recollénse neste apartado distintas informacións relativas á Fundación Galicia Europa en canto entidade instrumental do sector público autonómico:

A Fundación Galicia Europa (FGE) constituíuse ao abeiro do artigo 34.1 da Constitución Española relativo ao dereito de fundación para fins de interese xeral.

En decembro de 2025, o padroado aprobou unha actualización dos seus estatutos que poden consultarse aquí.

Ademais, a FGE forma parte do ámbito de aplicación das seguintes normas:

Contrato Plurianual de Xestión 2024-2025

Documento que establece o marco de relacións entre a Fundación Pública Galicia Europa e a Xunta de Galicia. Regula a actividade da FGE mediante a determinación de obxectivos orientados ao cumprimento da súa misión: representar, promover e defender os intereses xerais de Galicia ante a Unión Europea, desenvolvendo accións que acheguen Galicia á realidade europea e difundindo os valores europeos na sociedade galega. Consta de 5 obxectivos estratéxicos, 11 obxectivos operativos e 32 indicadores.

 

Contas anuais

Cadro de persoal

Altos cargos

  • Composición
  • Remuneracións: os membros do padroado non perciben remuneración algunha no exercicio deste cargo nin retribución ou dietas pola súa asistencia ás reunións do padroado

DIRECTOR

  • Jesús Gamallo Aller, director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea e director da Fundación Galicia Europa.
  • Remuneración: o director da FGE non percibe remuneración algunha polo exercicio deste cargo nin retribución ou dietas pola súa asistencia ás reunións relacionadas coa FGE.

DIRECTORA DA OFICINA DE BRUXELAS

Remuneración

Proceso de selección dun asesor/a técnico/a II (2026)

Resolución do 16 de marzo de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de asesor/a técnico/a II (grupo I) de persoal laboral fixo da Fundación Galicia Europa.

Aviso importante: as persoas interesadas deberán mandar as súas candidaturas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia utilizando o código de procedemento xenérico PR004A dirixido á Consellería de Presidencia Xustiza e Deportes- Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

 

Proceso de selección extraordinario de estabilización. Decembro 2022

Resolución do 23 de diciembre de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de titulado/a superior (grupo I) e de auxiliar administrativo/a (grupo IV) da entidade instrumental Fundación Galicia Europa.

A presentación de solicitudes rematou o 20 de febreiro de 2023. Neste enlace podes atopar toda a información da convocatoria, así como as instrucións do pagamento das taxas.

O 24 de xullo de 2023 anunciouse no DOGA a publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso.

O 25 de setembro de 2023 anunciouse no DOGA a publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso.

O 19 de outubro de 2023 publicouse no DOGA a baremación provisional dos méritos acreditados polas persoas admitidas no proceso.

O 14 de novembro de 2023 publicouse no DOGA a baremación definitiva dos méritos acreditados polas persoas admitidas no proceso.

O 1 de decembro de 2023 publicouse no DOGA a resolución co nomeamento do persoal laboral fixo que pone fin ao proceso de estabilización en virtude do proceso selectivo extraordinario.

Documentos para descarga:

Procesos de selección de persoal temporais

A Fundación Galicia Europa convocou o 18 de abril de 2018 unha praza de técnico para a oficina de Bruxelas con carácter interino mediante contrato temporal.

A FGE publicou o 23 de xaneiro de 2017 un proceso de selección para cubrir, con carácter de contratación temporal de interinidade por baixa de maternidade, a praza de asesora técnico na oficina de Bruxelas.

Perfil do contratante

Como entidade instrumental do sector público galego, a Fundación Galicia Europa ten a consideración de poder adxudicador de contratos públicos de obras, bens e servizos conforme a Lei de Contratos do Sector Público 3/2011. Por este motivo, figura na Plataforma de Contratación de Galicia, onde se poden consultar, ademáis dos datos de contacto para estes efectos, os anuncios de licitación, procedementos en curso e concursos resoltos desta fundación.

Así mesmo, os interesados en participar nos procedementos de adxudicación de contratos poden consultar o Manual de contratación no que se establecen as reglas para garantir que estes procedementos se axustan aos principios esixidos por lei.

DATOS DO ÓRGANO CONTRATANTE

Órgano de contratación: Fundación Galicia Europa
NIF: G15140023
Actividade: Promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa
Correo de contacto: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu
Dirección postal: Rúa do Hórreo nº 61 – Santiago de Compostela – A Coruña – Galicia Código postal: 15701
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
País: España
Teléfono de contacto: 981541012
Fax: 981541013
Dirección web: www.fundaciongaliciaeuropa.eu

Convenios de colaboración

Subvencións

Transparencia Unión Europea