Quen somos?

Portada » Fundación » Quen somos?

Fundación Galicia Europa: achegando Europa e Galicia

A Fundación Galicia Europa (FGE) nace en 1988 coa misión de manter unha oficina galega en Bruxelas e promover o achegamento entre Galicia e Europa. Vinculada á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, conta con dúas oficinas, unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas.

Desde 2010, a FGE forma parte do sector público autonómico de Galicia como ente instrumental, e, en 2015, o Decreto de Acción Exterior de Galicia recoñece o seu mandato “para exercer a representación autonómica galega ante as institucións e órganos da Unión Europea seguindo as directrices do Goberno autonómico e respectando os principios de unidade de acción exterior do Estado”, un recoñecemento que se mantén na Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia.

En 2018, a primeira Estratexia de Acción Exterior de Galicia destaca que a FGE “é a punta de lanza da participación galega nos asuntos europeos” e que, desde a súa orixe ,”reforzou a presenza de Galicia en Europa mediante unha participación activa e eficaz en todos aqueles foros e organismos nos que podía facer oír a súa voz”. Así mesmo, subliña como a través da súa oficina en Bruxelas, “Galicia desenvolve accións propias dun lobby para defender os intereses da sociedade galega e dos seus principais sectores produtivos”.

Fundación Galicia Europa
Velaquí os catro ámbitos de actuación da FGE:
Defensa dos intereses de Galicia ante a UE

A FGE realiza un seguimento das políticas comunitarias, presta apoio e asesora aos representantes galegos nas institucións e órganos comunitarios, organiza visitas de responsables políticos e técnicos a Bruxelas, fomenta a participación galega nos foros de debate que teñen lugar na capital comunitaria e colabora con outras rexións no marco de diferentes redes de cooperación para defender intereses comúns.

Consulta os informes trimestrais neste enlace.

Promoción da participación galega en proxectos europeos

A FGE brinda información e presta asesoramento para que cada vez sexan máis as entidades galegas que participan en proxectos europeos, o que lles axuda a internacionalizarse.

Máis información no apartado Financiamento comunitario.

Información sobre a Unión Europea en Galicia
A evolución das políticas europeas, as posibilidades de financiamento comunitario e as oportunidades de emprego e prácticas nas institucións son os tres principais eixos de información europea facilitada pola FGE. Faino a través do seu portal web, das redes sociais e de boletíns electrónicos informativos.
Formación e sensibilización sobre Europa en Galicia
Nos seus máis de 30 anos de existencia, máis de 500 persoas tiveron a oportunidade de coñecer de preto a UE a través das súas bolsas de formación. Ademais, a FGE organiza en Galicia todo tipo de actos para explicar a Unión Europea aos galegos.
Padroado

O padroado é órgano de representación, goberno e administración da Fundación Galicia Europa e está composto por representantes das entidades membros que o compoñen.

Organigrama

 

 

Entidades membros fundadoras

Xunta de GaliciaAbanca

Entidades membros adheridas

Zona Franca VigoDeputación de A CoruñaDeputación LugoGain