O 19 de outubro a Eurocidade Chaves-Verín acollerá un encontro para analizar proxectos, compartir retos e definir os seguintes pasos.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas »
Aberto o prazo para solicitar a bolsa de formación en asuntos europeos no eido da I+D+i na oficina da FGE en Bruxelas
A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de formación en políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.
Xa están abertas as inscricións para a 25ª edición de TecEuropa!
Organizado pola Fundación Galicia Europa, o curso celebrarase de maneira presencial en Bruxelas do 17 ao 19 de novembro.
Galicia defende unha transición sostible para as persoas ucraínas desprazadas e reivindica o papel das rexións
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión externa da Comisión CIVEX, celebrada en Maastricht (Países Baixos).
A axenda social europea, protagonista dun novo Encontro Virtual Xunta-UE
A Fundación Galicia Europa (FGE) celebrou onte un novo Encontro Virtual Xunta-UE centrado na evolución da axenda social europea e no seu papel ante desafíos como a competitividade, a transición verde, a dixitalización e o envellecemento demográfico.
O curso Teceuropa impulsa a formación en financiamento europeo cunha nova edición en Bruxelas e un novo boletín en financiamento comunitario
A xornada acolleu a presentación do novo boletín de financiamento comunitario con información sobre oportunidades de financiamento europeas para Galicia.
O padroado da FGE aproba a memoria de actividades de 2025
A Fundación Galicia Europa pecha un 2025 de récord cun balance de 36 reunións de alto nivel entre a UE e a Xunta e máis de 46.000 beneficiarios.
Memoria de actividades 2025 da Fundación Galicia Europa
Memoria de Actividades 2025 da Fundación Galicia Europa: accións para achegar Europa a Galicia e defender os seus intereses na UE.
A Fundación Galicia Europa celebra un “Encontro virtual Xunta-UE” sobre o futuro Plan de Colaboración Nacional e Rexional (PCNR)
A Fundación Galicia Europa (FGE) organizou o pasado mércores un novo “Encontro virtual Xunta-UE” coa Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DG REGIO), centrado nos futuros Plans de Colaboración Nacional e Rexional (PCNR), instrumentos clave no vindeiro Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2028-2034.
Aberto o prazo de solicitude das bolsas Galicia Europa no eido do dereito na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas
Ata o 3 de xullo pódense presentar as solicitudes para as dúas bolsas de formación para persoas graduadas en Dereito da FGE en Bruxelas.