A Comisión Europea aproba un orzamento global reforzado de 175,3 millóns de euros para 2026 co obxectivo de celebrar os 30 anos do voluntariado europeo e os 10 anos do Cuerpo Europeo de Solidariedade, unha das iniciativas máis emblemáticas de solidariedade e participación xuvenil da UE.
Actualidade
Portada »
Da visión europea á acción galega: unha folla de ruta para a xuventude
A política europea de xuventude consolidouse como unha prioridade estratéxica da UE, evolucionando cara a un enfoque transversal que integra as necesidades da mocidade en todas as políticas públicas fronte a retos como a vivenda e a precariedade laboral.
Da visión europea a acción galega: unha folla de ruta para a xuventude | Encontros virtuais Xunta-UE
Nova edición dos ‘Encontros virtuais Xunta-UE’, o ciclo impulsado pola Fundación Galicia Europa dende o ano 2020 para reforzar o diálogo entre o Goberno galego e as institucións europeas. A sesión estará dedicada nesta ocasión ás prioridades da política europea de...
Xunta e Parlamento Europeo trazan unha folla de ruta para a xuventude
Durante a reunión salientouse o labor da FGE en favor da participación da mocidade galega nas políticas e programas europeos a través de EuroXuventude.
40 000 bonos para explorar Europa con DiscoverEU
A Comisión Europea ofrece a 40 000 mozos e mozas a oportunidade única de descubrir Europa a través de DiscoverEU, unha acción do programa ‘Erasmus+’ que celebra o 40º aniversario do Espazo Schengen.
O programa Youth4Regions para futuros xornalistas galegos
Os/as participantes terán a oportunidade de recibir mentorías de xornalistas consolidados e de viaxar a Bruxelas en outubro para cubrir a Semana Europea das Rexións e Cidades a gastos cubertos pola Comisión Europea. O prazo de solicitude remata o 7 de xullo.
A VII edición de Xuventude Mentoring abre a súa convocatoria
O programa Xuventude Mentoring xa ten abertas as solicitudes para a súa VII edición. O prazo para inscribirse neste programa, financiado polo Fondo Social Europeo, remata o vindeiro 25 de abril.
Nexus Event Day ODS 2025
Volve o Nexus Event Day ODS. Unha oportunidade única para persoas en busca de emprego, prácticas ou bolsas, así como para quen desexa emprender. A Fundación Galicia Europa participará a través da súa iniciativa EuroXuventude. Contará cun stand no que, durante toda a mañá do 27 de marzo, os asistentes poderán resolver as súas dúbidas sobre prácticas e saídas profesionais na Unión Europea.
Case cen mozos e mozas do IES Xesús Taboada asisten ao diálogo da FGE sobre oportunidades da UE
O acceso a empregos na UE e as funcións concretas dos xestores de proxectos europeos centraron boa parte das preguntas dos asistentes a esta charla, que contou ademais coa experiencia dun voluntario IVY na Fundación Galicia Europa.
Charla sobre a Fundación Galicia Europa e a UE no IES Xesús Taboada Chivite (Verín)
Encontro dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO no que se explicará o papel da Fundación Galicia Europa e varios programas europeos.