Memoria 2024

          Memoria das actividades do ano 2024 da Fundación Galicia Europa

 

2024, un novo ciclo institucional na Unión Europea

O ano 2024 foi un ano de cambio. As eleccións ao Parlamento Europeo celebradas en xuño deron lugar a un novo ciclo institucional marcado pola inestabilidade mundial. Unha parte importante do traballo da FGE foi dar conta dos cambios institucionais da Unión Europea. Fixémolo a través dun encontro virtual Xunta-UE no que analizamos os retos e oportunidades do novo goberno comunitario, da elaboración dunha ‘Análise FGE’ e dunha campaña en redes animando ao voto en Galicia, especialmente entre a xente nova. O 2024 estivo tamén marcado polo recoñecemento do traballo da Xunta de Galicia a nivel europeo coa obtención de tres premios: o de Rexión Emprendedora Europea, o de Seguridade Viaria polas sendas peonís e ciclistas, e o do Observatorio Europeo de Vixilancia Tecnolóxica á ferramenta de emprego intelixente en Galicia Emi. Con TecEuropa, continuamos a nosa aposta por fomentar a participación de entidades galegas en proxectos europeos e, como FGE, participamos en seis proxectos europeos que teñen á mocidade rural no centro de execución. A formación a través das nosas bolsas, a difusión de oportunidades para a mocidade na UE a través de #EuroXuventude e a explicación da actualidade europea a través da nosa web, redes sociais e publicacións completan estas actividades de 2024.

2024 en cifras

beneficiarios das actividades FGE. 11.193 personas física, 335 Personas jurídicas, e 33.000 indirectos. 133 deles participaron en TecEuropa.

boletíns cunha taxa de apertura do 27% con 1.359 subscriptores. 4 boletíns específicos sobre a actividade do Comité das Rexións posteriores aos plenos.

seguidores nas RRSS. 4.628 en Linkedin, 2.471 en X e 722 en Instagram (12 publicacións desde o seu lanzamento en novembro de 2024).

noticias. 117 novas da UE, 49 novas sobre Galicia na UE, 39 relacionadas coa Fundación Galicia Europa e 41 de EuroXuventude.

participantes nos proxectos de EuroXuventude.

reunións de alto nivel entre altos cargos da Xunta de Galicia e as institucións europeas. Unha delas, unha reunión ministerial do Consello da UE con participación galega.

reunións das redes de cooperación rexional, a Conferencia entre as oficinas rexionais españolas (CORE) e outros seminarios e conferencias en Bruxelas.

reunións do Comité Europeo das Rexións nas que destacan cinco da comisión NAT, cinco da comisión CIVEX e cinco sesións plenarias.

encontros virtuais FGE | NextGeneratiOn Galicia.

usuarios do portal web onde atoparon novas de ámbito europeo e 9 análises da actualidade europea de especial interese para Galicia.

Orzamento da FGE (memoria liquidación)

Máis información sobre o orzamento da FGE

Datos xerais de actividade económica da Fundación Galicia Europa:

CONTRATOSSUBVENCIÓNS
Nº contratos: 130 beneficiarios
Por importe de 1.955 €82.905 €

 

CONVENIOSALUGUER ESPAZO OFICINA
Consellería de Política SocialFundación Empresa Universidade Galega
Conxemar
Sala de reunións
Total: 21.065 €Total: 15.210 €

Axudas e subvencións:

TIPO DE SUBVENCIÓNIMPORTE CONCEDIDOLIÑAS DE SUBVENCIÓNS PUBLICADASNÚMERO DE BENEFICIARIOS
Subvencións a persoas físicas non empresarios.69.686 €PR770N/PR770M
Bolsas para a formación en asuntos europeos.
10
Subvencións a persoas físicas non empresarios.13.219 €PR816A
Bolsas para o curso de especialización en financiamento comunitario, programa TecEuropa.
20

Consulta aquí as memorias anteriores