II. Fomento da participación en proxectos europeos

A FGE brinda información e presta asesoramento para que cada vez sexan máis as entidades galegas que participan en proxectos europeos, chegando a involucrarse como socia en proxectos que lle resultan de interese.
volver á páxina principal

1. Guía de financiamento comunitario

A sección dedicada a dar a coñecer ás entidades galegas as posibilidades de financiamento no marco da UE sumou arredor de 600 visitas. A través dela pódese consultar a Guía de Financiamento Comunitario 2021-2027 e máis de 30 fichas sobre os diferentes programas.

En 2024, adaptouse e traduciu a guía ao portugués, sumándose ás xa existentes en galego e castelán.

2. TecEuropa

En 2024 organizamos dúas edicións do noso curso de especialización en financiación comunitaria TecEuropa. Este ano recuperáronse as edicións presenciais despois de catro anos.

En ambas as edicións constaron de catro sesións: as dúas primeiras consistiron en charlas de responsables da Comisión Europea sobre as políticas europeas máis destacadas (cohesión, enerxía, Pacto Verde…) e as dúas últimas dirixidas a coñecer máis a fondo o marco financeiro e os distintos programas de financiamento.

A primeira destas edicións tivo lugar en formato dixital entre o 30 de maio e o 6 de xuño. Foi ademais a vixésima edición.

A segunda tivo lugar do 11 ao 14 de noviembreo. Recuperouse o formato presencial para o que a FGE subvencionou a viaxe e estancia en Bruxelas de 20 participantes durante os catro días do curso.​

Os asistentes, en ambos os casos, procedían de entidades públicas e privadas galegas como concellos, Xunta de Galicia, empresas, clústers, universidades ou entidades sen ánimo de lucro.