Guía de Financiamento comunitario
A Unión Europea dispón de liñas orzamentarias que apoian financeiramente a posta en marcha das súas políticas en diferentes eidos: investigación, saúde, protección ambiental, educación, cooperación con terceiros países, etc.
Estas liñas son accesibles mediante a presentación de propostas de proxectos, nas que se esixen determinados requisitos como que teñan dimensión europea, que conten cun enfoque innovador ou que teña un efecto multiplicador con efectos que perduren no tempo.
Consulta na nosa nova Guía de Financiamento Comunitario 21-27 as nosas orientacións para participar en proxectos europeos:
Guías anteriores
A Fundación Galicia Europa pon a dispor de todos os galegos unha Guía de Financiamento Comunitario coa que presenta de maneira breve e precisa as distintas fontes de financiamento comunitario dispoñibles, salientando os aspectos clave na preparación e desenvolvemento de proxectos europeos.
Estas guías non pretenden ser un manual exhaustivo, senón unha referencia para unha primeira toma de contacto cos programas, a terminoloxía e as peculiaridades deste tipo de fondos. Todo isto co obxectivo de axudar ás entidades galegas a identificar as oportunidades de financiamento máis adecuadas e contribuír, así, á captación de fondos comunitarios en Galicia.
➤ Guía de Financiamento Comunitario 2014-2020 (ano 2014).
➤ Axudas e Programas da Unión Europea para Emprendedores (ano 2010).
➤ Guía práctica de posibilidades de financiamento da UE (ano 2007).