2023, un ano intenso en produción lexislativa comunitaria
Desde o seu nacemento hai máis de 30 anos, a Fundación Galicia Europa ten a misión de tender pontes entre Galicia e a Unión Europea para unir dúas realidades complementarias. No ano 2023, traballamos, no marco da Presidencia española do Consello e o Ano Europeo das Competencias, facendo seguimento de varios expedientes lexislativos e impulsando a participación galega nos debates políticos de actualidade, como o da regulación da Intelixencia Artificial ou a avaliación da Política Pesqueira Comunitaria. Seguimos a defender os intereses galegos en Europa pero tamén coa mirada en Galicia explicando as políticas e as decisións europeas a través de diversos medios (web, boletín, redes sociais…). Con TecEuropa, continuamos a nosa aposta por fomentar a participación de entidades galegas en proxectos europeos e nós mesmos, como FGE, participamos directamente en sete proxectos europeos que teñen á mocidade do rural no centro de execución. A formación a través das nosas bolsas, a difusión das oportunidades para os mozos na UE a través de #Euroxuventude e o compromiso co Pacto Europeo polo Clima centraron tamén as nosas actividades en 2023.
Ámbitos de actuación
2023 en cifras
participantes nos eventos FGE. Máis de 500 nas reunións de ámbito europeo, arredor de 200 en TecEuropa e 759 nas actividades de EuroXuventude.
boletíns cunha taxa de apertura do 30% con 1.300 subscriptores. 2 boletíns específicos sobre a actividade do Comité das Rexións posteriores aos plenos.
seguidores nas RRSS. 4.075 en Linkedin con 309 publicacións con 117.800 impresións. 2.495 en X (antiga Twitter) con 519 publicacións e máis de 142.000 impresións.
noticias. 95 novas da UE, 56 novas sobre Galicia na UE, 37 da Fundación Galicia Europa e 31 de EuroXuventude.
artigos de colaboración coa revista ECO.
reunións de alto nivel entre altos cargos da Xunta de Galicia e as institucións europeas. Unha delas, unha reunión ministerial do Consello da UE con participación galega.
reunións das redes de cooperación rexional, a Conferencia entre as oficinas rexionais españolas (CORE) e outros seminarios e conferencias en Bruxelas.
reunións do Comité Europeo das Rexións con participación galega no pleno e nas diferentes comisións
encontros virtuais FGE | NextGeneratiOn Galicia
usuarios do portal web onde atoparon 219 novas do ámbito europeo.
Orzamento da FGE (memoria liquidación)
Máis información sobre o orzamento da FGE
Datos xerais de actividade económica da Fundación Galicia Europa:
CONTRATOS | SUBVENCIÓNS |
Nº contratos: 522 | 8 beneficiarios |
Por importe de 214.696 € | 70.553 € |
CONVENIOS | ALUGUER ESPAZO OFICINA |
Consellería de Política Social | Fundación Empresa Universidade Galega |
Conxemar | |
Sala de reunións | |
Total: 42.500 € | Total: 9.715 € |
Axudas e subvencións:
TIPO DE SUBVENCIÓN | IMPORTE CONCEDIDO | LIÑAS DE SUBVENCIÓNS PUBLICADAS | NÚMERO DE BENEFICIARIOS |
Subvencións a persoas físicas non empresarios | 70.553 € | PR770N/PR770M Bolsas para a formación en asuntos europeos | 10 |