Proxectos europeos FGE

Portada » Actividades » Proxectos europeos FGE

A Fundación Galicia Europa, grazas ao convenio de colaboración que mantén coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, foi partícipe de diferentes proxectos europeos no eido da cooperación territorial e a xuventude, encargándose principalmente da comunicación e da formación ás persoas beneficiarias.

Na actualidade, a Fundación Galicia Europa participa nos seguintes proxectos:

Incubtrans

O proxecto Incubadora Transfronteiriza Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Incubtrans) ten como obxectivo crear unha incubadora empresarial transfronteiriza da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O fin do proxecto é estimular e apoiar a creación sostible de novas empresas, de emprego cualificado e xerar de valor engadido no territorio fronteirizo interior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Deste xeito preténdese fomentar a cooperación para maximizar o aproveitamento dos recursos endóxenos do territorio e o desenvolvemento de iniciativas e sectores chave. 

Podes atopar aquí as novas relacionadas co proxecto.

A duración do proxecto é de 48 meses (xaneiro de 2023 – decembro de 2026)

Máis información sobre Incubtrans

A Fundación Galicia Europa participa como socia do proxecto que está cofinanciado polo programa Interreg VI A de Cooperación España-Portugal (Poctep) 2021-2027, Feder.

O código da candidatura é 0158_INCUBTRANS_1_E e o título: INCUBADORA TRANSFRONTEIRIZA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE PORTUGAL. Corresponde á área de cooperación 1: Galicia–Norte de Portugal.

PRIORIDADES E TEMAS:

COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA: o proxecto pretende conseguir a cooperación entre rexións que comparten os obxectivos de creación de emprego e mellora das calidades e competencias dos futuros emprendedores. Ademais, segue o regulamento de Interreg establecido polo Parlamento e o Consello Europeo sobre cooperación territorial europea.

EMPRENDEMENTO: un dos obxectivos específicos do proxecto é impulsar o emprendemento e a transición industrial na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Más concretamente, búscase a creación sostible de novas empresas, de emprego cualificado e o apoio a través do asesoramento e formación daqueles que desexan crear un novo negocio.

Obxectivos específicos:

  • Estimular e apoiar a creación sostible de novas empresas, de emprego cualificado e a xeración de valor engadido no territorio fronteirizo interior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
  • Desenvolvemento e aplicación de novos modelos empresariais para as PEME, especialmente no que se refire á internacionalización.
  • Actuar como interface entre a contorna empresarial e as institucións universitarias e de I+D da rexión transfronteiriza, facilitando a transferencia de tecnoloxía e de coñecementos susceptibles de explotación empresarial.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

Este proxecto levará a cabo un total de seis actividades:

Actividade 1: Constitución da incubadora transfronteiriza.
Actividade 2: Capacitación dos/as emprendedores/as.
Actividade 3: Capacitación dos/as empresarios/as.
Actividade 4: Zona franca empresarial.
Actividade 5: Coordinación.
Actividade 6: Visibilidade, Transparencia e Comunicación.

Nun primeiro lugar, crearase un espazo de coworking con capacidade para 10 microempresas e constituirase a asociación INCUBTRANS. Neste contexto, estableceranse uns servizos de orientación, coaching e formación para futuros emprendedores. Posteriormente realízase unha selección de empresas encadradas nos clústeres estratéxicos, ás cales se lles ofrece un programa de coaching e apoio ao empresario.

Doutra banda, a actividade 4 pretende promover a participación de INCUBTRANS e das empresas nela instaladas en redes de cooperación, así como crear condicións para a internacionalización das empresas locais.

Todo iso realizado no marco normativo de obrigacións do Beneficiario Principal (Eurocidade Chaves-Verín, AECT) e acompañado dun Plan de comunicación no que se establecerán a promoción do proxecto, grupos obxectivos e formas de difusión. Para concluír, elaborarase un dossier de prensa do proxecto, así como un plan de seguimento e impacto do proxecto cos principais indicadores de resultados.

SOCIOS:

  • Associação de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega (ADRAT) (PT).
  • Fundación Galicia Europa (FGE) (ES).
  • Instituto Politécnico de Bragança (IPB) (PT).
  • Universidade de Vigo (Uvigo) (ES).
  • Asociación de Novos Empresarios de Galicia (AJE-G) (ES).
  • Asociación Nacional de Jovens Empresários (ANJE) (PT).
  • Eurocidade Chaves-Verín, AECT (Beneficiario Principal)

ORZAMENTO: 1.154.560,13 €

RuralYouthFuture: Mellor futuro da mocidade no rural

O proxecto Rural Youth Future (Mellorar o papel das políticas de mocidade no desenvolvemento rural sustentable) ten como obxectivo potenciar o emprego xuvenil e poder garantir postos de traballo de calidade accesibles para a mocidade de áreas rurais.

O público obxectivo deste proxecto é a mocidade que vive en zonas rurais e se enfronta á problemática da escasa calidade laboral, o desemprego e a fenda dixital, cuestións que afectan a múltiples rexións de España e Europa. O proxecto ten interese en impulsar o desenvolvemento rural sustentable, facilitando o acceso da mocidade que vive en zonas rurais ás novas oportunidades laborais.

Consulta aquí a web do proxecto e subscribete aquí ao seu boletín de novas. 

Neste enlace podes descargar o último boletín informativo sobre o proxecto. 

Podes atopar aquí as novas relacionadas co proxecto.

A súa duración é de 36 meses, desde o 1 de marzo de 2023 ata o 28 de febreiro do 2027

Máis información sobre RuralYouthFuture

A Fundación Galicia Europa dirixirá como socio líder este proxecto en colaboración outras entidades en España, Bulgaria, Eslovenia, Letonia, Portugal, Estonia e Bélxica. Con número de referencia 01C0192 RuralYouthFuture, está entre as iniciativas financiadas polo programa Interreg Europe 2021-2027.

O proxecto foi aprobado por Interreg-Europe 2021-2027 na primeira convocatoria, onde se presentaron 134 propostas das cales se aprobaron 72 proxectos, o que supuxo un 52% da taxa de éxito.

RuralYouthFuture publica boletíns informativos para informar da súas actividades. Consulta aquí o primeiro deles. Se estás interesado, suscríbete neste enlace.

OBXECTIVOS:

  • Garantir que nas zonas rurais se cren postos de traballo sostibles, de alta calidade e accesibles á mocidade.
  • Promover o acceso a novas oportunidades coñecendo a fenda dixital e as novas formas de traballo.
  • Deseñar actividades de intercambio de coñecemento e experiencias para mellorar a formación xuvenil e as condicións laborais no rural.
  • Maior inclusión dos mozos, as mulleres e outros grupos vulnerables.
  • Mellorar os seguintes instrumentos políticos:
    • FSE+ Galicia 2021-2027 Programa Operacional (ES)
    • Integrated Development Plan 2021-2027 of Peshtera Municipality (IDP) (Plan de desenvolvemento integrado 2021-2027 do municipio de Peshtera) (BG)
    • Local development strategy of Local action group Goričko 2020 for the programming period 2021-2027 (Estratexia de desenvolvemento local do grupo de acción local Goričko 2020 para o periodo de programación 2021-2027) (SI)
    • Children, Youth, and Families Guidelines for 2021-2027 (Directrices para a infancia, a mocidade e as familias para 2021-2027) (LV)
    • National Youth Plan (Plan Nacional para a Mocidade) (PT)
    • Tartu County Development Strategy (Estratexia de desenvolvemento do condado de Tartu ) (EE)

SOCIOS:

  • Fundación Galicia Europa (ES)
  • Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado (ES)
  • Association Centre for Sustainability and Economic Growth (Asociación Centro para a Sustentabilidade e o Crecemento Económico) (BG)
  • Municipality of Peshtera (Municipio de Peshtera) (BG)
  • Smart House, Institution For Research And Sustainable Development Martjanci (Smart House, Institución de Investigación e Desenvolvemento Sostible Martjanci) (SI)
  • University of Latvia (Universidade de Letonia) (LV)
  • Portuguese Institute of Sports and Youth, IP (Instituto Portugués do Deporte e a Mocidade, IP) (PT)
  • Association of Municipalities of Tartu County (Asociación de Municipios do Condado de Tartu) (EE)

ORZAMENTO: 1.681.884,00 € (cofinanciado cunha axuda FEDER de 1.300.274,20 €)

Interreg Volunteer Youth (IVY)

A Fundación Galicia Europa, no marco do proxecto “RuralYouthFuture: Mellorando o papel das políticas de xuventude para o desenvolvemento rural sostible”, do programa Interreg Europe, recibe a incorporación dun voluntario IVY en comunicación. 

Esta iniciativa ofrece vantaxes similares ás do Servizo Voluntario Europeo. A selección das organizacións de acollida realízaa a Asociación de Rexións Fronteirizas e Transfronteirizas Europeas (ARFE) por conta da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DGREGIO).

Consulta aquí a web do proxecto.

Podes atopar aquí as novas relacionadas co proxecto.

Máis información sobre IVY

PRIORIDADES Y TEMAS:

VOLUNTARIADO: esta iniciativa fomenta a colaboración a través das fronteiras internas da UE e o sentido de solidariedade, cidadanía e compromiso cívico europeos. O período de voluntariado poderá ir de 2 meses a un máximo de 6 meses.

XUVENTUDE: Os voluntarios de Interreg son mozos da UE e dos seus países veciños que comparten a paixón pola cooperación. Trátase de persoas de entre 18 e 30 anos con diferentes procedencias, habilidades e intereses culturais.

COOPERACIÓN: Interreg apoia a cooperación entre rexións que comparten obxectivos comúns como o desenvolvemento rexional e a identificación e resolución de desafíos.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

A Iniciativa Xuvenil Voluntaria Interreg (IVY) ofrece aos mozos a oportunidade de servir como voluntarios en programas transfronteirizos, transnacionais ou interrexionais. Os mozos voluntarios apoian os logros de Interreg, e promoven a solidariedade e a Cooperación Territorial Europea.

Os voluntarios familiarízanse con el, toman conciencia das moitas vantaxes da colaboración entre os Estados membros da UE e as rexións e tamén aumentan o seu sentido de cidadanía e compromiso cívico.

  • Os países da Unión Europea que participan nesta iniciativa son os seguintes (incluídas as rexións ultraperiféricas): Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda. , Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Romanía e Suecia. Tamén se inclúen os países veciños asociados: Islandia, Liechtenstein, Noruega, Suíza e Reino Unido.
  • Aqueles países que participan nos Programas de Cooperación Transfronteiriza de Asistencia Preadhesión (IPA-CBC): Serbia, República de Macedonia do Norte, Bosnia e Hercegovina, Montenegro, Albania, Kósovo e Turquía.
  • Os países socios dos Programas de Cooperación Transfronteiriza Veciñal (ENI-CBC) e Interreg NEXT: Alxeria, Armenia, Xeorxia, Exipto, Israel, Xordania, Líbano, Palestina, República de Moldova, Túnez e Ucraína.

Cada experiencia de voluntariado ten unha duración de 2 a 6 meses e os voluntarios reciben unha achega económica que cubre o seu custo da vida. A iniciativa “Interreg Voluntary Youth” está financiada pola Unión Europea e a Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE).

OBXECTIVOS:

O obxectivo xeral de IVY é promover o éxito dos programas e proxectos Interreg nos que participan mozos voluntarios.

En concreto, os seus obxectivos específicos son os seguintes:

  • Reforzar a visibilidade dos programas e proxectos Interreg, IPA-CBC e ENI-CBC/Interreg NEXT grazas á difusión das actividades realizadas polo voluntariado.
  • Proporcionar proxectos e programas Interreg, IPA-CBC e ENI-CBC/Interreg NEXT co apoio de mozos voluntarios, especialmente como socios do proxecto Interreg.
  • Ofrecer aos mozos, a través do apoio das organizacións de acollida, oportunidades de fácil acceso para participar en actividades solidarias que conduzan a un cambio social positivo. Deste xeito, mellóranse as súas habilidades e competencias para o desenvolvemento persoal, educativo, social e cívico.
  • Contribuír á integración europea e sensibilizar á mocidade sobre o seu impacto positivo

SOCIOS:

  • Fundación Galicia Europa
  • Interreg

>> Consulta aquí outros proxectos nos que ten participado a FGE ata hoxe.