Antigos proxectos Europeos FGE
Portada » Actividades »Consulta aquí todos os proxectos nos que ten participado a Fundación Galicia Europa
EUROCIDADE 2030
![]()
O proxecto Eurocidade 2030: Novas aproximacións á gobernanza da cooperación transfronteiriza na Eurocidade Chaves-Verín, coñecido simplemente como Eurocidade 2030, tivo como prioridade a superación de obstáculos fronteirizos aplicando un enfoque de gobernanza multinivel na cooperación transfronteiriza.
O obxectivo do proxecto foi o de mellorar a capacidade institucional dos poderes públicos e dos interesados para poñer en marcha proxectos e iniciativas de cooperación territorial nun contexto transfronteirizo, transnacional, marítimo e interrexional.
→ Consulta aquí a web do proxecto.
→ Podes atopar aquí as novas relacionadas co proxecto.
A duración do proxecto foi de 24 meses (xaneiro de 2023 – decembro de 2024)
Máis información sobre EUROCIDADE 2030
A Fundación Galicia Europa participou como socia neste proxecto financiado polo programa Interreg España-Portugal (Poctep) 2021-2027, cofinanciado polo programa Interreg VI A Cooperación España-Portugal (Poctep) 2021-2027, Feder.
Despois de ter elaborado recentemente o seu Plan Estratéxico 2030, a Eurocidade Chaves-Verín identificou os principais retos e áreas prioritarias de actuación para os próximos anos. Neste caso, préstase especial atención ás rexións que están a sufrir un envellecemento imparable da súa poboación e o éxodo dos máis novos.
En definitiva, buscouse poñer en marcha unha serie de actuacións que permitan un novo enfoque da gobernanza transfronteiriza na Eurocidade Chaves-Verín, considerando diferentes ámbitos de cooperación.
PRIORIDADES E TEMAS:
XUVENTUDE: o proxecto tentou mellorar a coordinación institucional dos servizos transfronteirizos para favorecer a inclusión da mocidade, centrándose especialmente nas persoas en risco de exclusión.
COOPERACIÓN: o obxectivo foi poñer en marcha unha serie de accións que permitan un novo enfoque da gobernanza transfronteiriza da Eurocidade Chaves-Verín, tendo en conta diferentes ámbitos de cooperación. Eurocidade 2030 tivo como obxectivo fortalecer a capacidade de cooperación administrativa e de cooperación entre cidadáns e institucións, en particular co fin de abordar os retos identificados para a cooperación transfronteiriza neste territorio.
Obxectivos específicos:
O obxectivo xeral deste proxecto estivo aliñado co do programa Poctep, que busca promover o valor e o atractivo dos territorios transfronteirizos e contribuír ao benestar dos cidadáns que viven ou desexan vivir neles. Tendo en conta isto, o proxecto reforzou as accións de cooperación transfronteiriza desenvolvidas pola AECT Eurocidade Chaves-Verín, promovendo os avances institucionais en materia de cultura, demografía, acción social e transporte.
Por outra banda, o obxectivo específico foi reforzar a eficacia da administración pública, promovendo a cooperación xurídica e administrativa entre a cidadanía, os axentes da sociedade civil e as institucións, en particular co obxectivo de resolver os obstáculos xurídicos e doutro tipo nas rexións.
ACCIÓNS:
- Accións centradas na eliminación progresiva de obstáculos legais e administrativos no contexto transfronteirizo.
- Acccións de intercambio de persoal das administracións públicas con competencias no ámbito transfronteirizo.
- Accións de apoio a iniciativas de mellora da coordinación institucional dos servizos transfronteirizos en materia de prevención e atención a colectivos específicos.
SOCIOS:
- Eurocidade Chaves-Verín, AECT.
- Instituto Português do Desporto e Juventude, I.P. (IPDJ).
- Federação Nacional de Associações Juvenis (FNAJ).
- Fundación Galicia Europa.
- Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV) – Xunta da Galicia.
ORZAMENTO: 747.190,04 €
YouLeaders: líderes comunitarios en áreas rurais
![]()
O proxecto You Leaders (Líderes comunitarios en áreas rurais do suroeste de Europa) promoveu a cidadanía activa co obxectivo de formar e promover as habilidades de liderado entre a mocidade de áreas rurais do suroeste de Europa.
O proxecto promoveu o sentido de iniciativa dos mozos e mozas e o espírito empresarial da mocidade, incluído o espírito empresarial social. Buscou a inclusión e diversidade en todos os ámbitos da educación, a formación, a mocidade e o deporte potenciando a empregabilidade dos mozos e mozas.
→ Consulta aquí a web do proxecto.
→ Podes atopar aquí as novas relacionadas co proxecto.
O proxecto durou 2 anos, dende octubre de 2022 a setembro de 2024
Máis información sobre YouLeaders
A Fundación Galicia Europa foi socia deste proxecto con código 2022-1-IT03-KA220-YOU-000086796, que se presentou, en marzo de 2022, ao programa de financiamento da UE ERASMUS +, Acción KA2 (IDE Formulario KA220 -YOU-E409F49C) e aprobada en xullo de 2022. Rematou en setembro de 2024.
As Asociacións de Cooperación KA220 (en materia de Xuventude) son unha das novidades do programa Erasmus+ e constitúe un dos tipos de Asociacións para a Cooperación do programa Erasmus+ 2021-2027.
A nivel social, este proxecto abordou as prioridades de Erasmus + mencionadas con anterioridade ao contribuír a:
- Promover unha cultura local que acepte aos mozos como actores sociais e cidadáns co fin de ser incluídos e valorados (Parlamento Europeo 2010) a través dunha ampla participación dos actores locais.
- Unha maior énfase nas escolas e as organizacións comunitarias locais no desenvolvemento de habilidades de cidadanía activa e o fomento da comprensión e o interese pola política local.
- Construír un elemento de liderado xuvenil explícito no desenvolvemento comunitario.
- Estender o uso de iniciativas de innovación social, tanto como un medio para apoiar o emprendemento xuvenil como o autoemprego e aumentar o impacto do emprendemento social nas zonas rurais.
OBXECTIVOS:
- Apoiar o potencial das mulleres e os homes novos que viven nas zonas rurais do suroeste de Europa para converterse en actores sociais innovadores, líderes, pensadores e que promovan o cambio nas súas comunidades, países e a rexión en xeral.
- Apoiar a homes e mulleres novos no desenvolvemento das súas ideas e iniciativas sociais desde a planificación ata a práctica utilizando un enfoque holístico da innovación social e o autoemprendimiento.
Os resultados do proxecto consistiron en:
- Aumento do desenvolvemento socio-profesional de aprox. 90 novos líderes procedentes de zonas rurais do suroeste de Europa con coñecementos, habilidades e comprensión sobre o liderado para ser aplicado no seu traballo diario
- Maior conciencia e compromiso dos mozos sobre o seu papel de líderes e axentes para o desenvolvemento sostible, dentro das súas comunidades nas rexións rurais obxectivo en Italia, España e Portugal.
- Maior cooperación entre organizacións públicas e privadas, partes interesadas e grupos obxectivo nas rexións obxectivo no campo do liderado xuvenil e o desenvolvemento comunitario.
- Fortalecemento de sinerxías transnacionais e aprendizaxe entre pares a nivel europeo en áreas relacionadas con Liderado
En particular, os resultados concretos foron:
- Lanzamento dun programa de desenvolvemento de capacidades codiseñado sobre liderado baseado na comunidade, incluída a capacitación módulos/currículos sobre Innovación Social, Igualdade de Xénero, ODS, Medio Ambiente e Competencias Dixitais. Os beneficiarios obxectivo son homes e mulleres novas (de 14 a 19 anos) das comunidades rurais de Sicilia (IT), Galicia (ESP), rexión central de Portugal.
- Obradoiros de desenvolvemento de capacidades presenciais e en liña en cada país participante sobre os temas mencionados anteriormente.
- Lanzamento dun programa de formación de formadores (en liña e presencial) para un enfoque coherente en todos os países.
- Desenvolvemento REA (recursos educativos abertos) sobre liderado e desenvolvemento comunitario para capacitar e involucrar aos novos líderes para que se convertan en axentes de cambio sostible nas súas propias comunidades.
- Capacitación transnacional e aprendizaxe entre pares: participación de novos candidatos nun foro rexional común a nivel europeo en Bruxelas.
- Eventos multiplicadores en Italia, España e Portugal con todos os responsables políticos, actores sociais e mozos participantes do territorio.
- Un evento final en Italia para a validación e difusión dos resultados do proxecto a un público amplo.
- Organización de servizos significativos nas comunidades de cada país por parte dos novos líderes involucrados, apoiados mediante sesións de titoría personalizadas sobre innovación social e creación e desenvolvemento de servizos.
SOCIOS:
- Fundación Comunitaria de Agrigento e Trapani (IT)
- LINK CAMPUS UNIVERSIDADE (IT)
- Asociación Lug Open Factory (Es)
- Cáritas Portuguesa (PT)
- ROSTO SOLIDARIO – ASSOCIAÇÂO DE DESENVOLVIMENTO SOCIAL E HUMANO (PT)
- Fundación Galicia Europa (Es)
ORZAMENTO: 250.000 €
RUYOU: Xuventude rural de Europa
![]()
O proxecto RUYOU (Rural Youth of Europe ou Xuventude rural de Europa en galego) estivo orientado á mocidade e tivo como obxectivo o problema do despoboamento rural, unha problemática que afecta a múltiples rexións de Europa, especialmente aos participantes no proxecto.
A orientación foi cara aos mozos e mozas que teñen potencial para seren protagonistas nas súas comunidades de orixe e enfrontarse aos problemas que sofren. O proxecto pretendeu ser unha fonte de educación non formal para á mocidade que participou nel, aportando coñecementos que os enriquecera e preparara para a participación nos seus lugares de orixe.
→ Consulta aquí a web do proxecto.
→ Podes atopar aquí as novas relacionadas co proxecto.
→ Escoita aquí o podcast coas experiencias dos participantes no proxecto.
A duración do proxecto foi de 17 meses (decembro 2022- abril 2024)
Máis información sobre RUYOU
A Fundación Galicia Europa participou como socia en colaboración con outras entidades de Galicia, Portugal, Malta e Romanía. Co número e denominación “101081387 – RUYOU”, a temática do proxecto é “CERV-2022-CIUDADANOS-CIV – Compromiso e participación cidadá” e figura entre as iniciativas financiadas polo programa CERV (Programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores).
As actividades do proxecto consistiron na organización de creative jams en liña e presenciais, onde os mozos participaron activamente na súa propia formación a través de debates transnacionais e exercicios diversos.
OBXECTIVOS:
As prioridades centráronse na “Europa baleira”, un fenómeno de despoboamento que afecta ás zonas rurais de toda Europa. Os principais factores que inflúen nesta dinámica son dous: o avellentamento da poboación e o éxodo da xuventude do rural. Estes problemas son moi frecuentes en Galicia, xa que a rexión caracterízase por ter os concellos con menor índice de mocidade de España e concentrar as súas áreas urbanas na costa, deixando o interior despoboado. A isto hai que engadir os problemas asociados á fenda dixital ou á falta de mobilidade, oportunidades educativas e opcións de lecer.
Principais obxectivos:
- A creación dun foro de debate público transnacional e de libre expresión das voces novas europeas.
- Deseño dun espazo creativo onde mozos e mozas do medio rural e urbano poidan colaborar para crear solucións e oportunidades para a mocidade na mesma situación en toda Europa.
- Achegar as inquedanzas da mocidade rural ao ámbito europeo mediante a participación de líderes de opinión.
- A utilización dunha metodoloxía participativa para a poboación nova nos debates sobre a Europa democrática.
- A integración da Axenda 2030 no debate rural.
SOCIOS:
- Asociación Amicos para a atención en integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise e as súas familias (ES)
- Asociación Lug Open Factory (ES)
- Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves – Verín (PT/ES)
- Cámara oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela (ES)
- Fundación Galicia Europa (ES)
- Regional Council Northern Region (MT)
- Universitatea Aurel Vlaicu din Arad (RO)
ORZAMENTO: 192.340,00 €
DYAS: Xuventude embaixadora dixital para pemes
![]()
O proxecto DYAS (Digital Youth Ambassadors for SMEs ou Xuventude embaixadora dixital para pemes, en galego) pretendeu impulsar o intercambio de ideas e habilidades entre a mocidade de áreas rurais para incrementar as súas oportunidades laborais.
O proxecto buscou mellorar o coñecemento das ferramentas dixitais para perfeccionar as capacidades formativas e profesionais dos mozos do rural. Intentou, ademais, incrementar as capacidades de emprendemento e a creación de novos negocios por parte dos mozos e mozas que viven en zonas rurais.
→ Podes atopar aquí as novas relacionadas co proxecto.
O proxecto tivo unha duración de 24 meses, dende o 4 de abril do 2022 ata o 4 de abril do 2024.
Máis información sobre DYAS
A Fundación Galicia Europa participou como socia neste proxecto do programa Erasmus+ que ten o número de referencia KA210-YOU-175CD765 e nome de convocatoria KA210-YOU- Asociación a pequena escala.
A xuventude da Eurocidade Chaves-Verín participou nun programa de formación e recibiron unha formación en marketing, comunicación e dixitalización. Tras esta primeira parte do proxecto, foron asignados a diferentes proxectos empresariais da zona e axudaron a emprendedores durante dous meses en dixitalización.
OBXECTIVOS:
- Incrementar as oportunidades laborais e as capacidades persoais dos mozos das zonas rurais, en termos de dixitalización e uso de ferramentas de plataformas dixitais.
- Mellorar a eficiencia empresarial e a competitividade das pequenas empresas, debido á súa evolución en termos de dixitalización e competencias nos mercados dixitais.
- Promover o intercambio de coñecementos e experiencias entre mozas e empresas, así como promover a creación de novos negocios por parte dos mozos.
SOCIOS:
- Eurocidade Chaves Verín, AECT
- Asociación para o Desenvolvemento da Rexión do Alto Támega (ADRAT)
- Fundación Galicia Europa (FGE)
ORZAMENTO: 60.000 €
AYCH: CENTROS RECREATIVOS XUVENÍS ATLÁNTICOS
![]()
A Fundación Galicia Europa participou como socia no proxecto AYCH (Atlantic Youth Creative Hubs ou Centros creativos xuvenís atlánticos en galego) que buscou impulsar o espírito empresarial, así como o emprendemento e a educación na mocidade nos ámbitos creativo, dixital e tecnolóxico no Espazo Atlántico.
O proxecto, cofinanciado polo programa Interreg Atlantic Area co código EAPA_108/2016, fomentou a innovación na mocidade, vinculando ás pemes con novos talentos e coñecementos, e conseguindo que máis novos poidan seguir carreiras ou itinerarios educativos no sector creativo.
→ Consulta aquí a web do proxecto.
→ Podes atopar aquí as novas relacionadas co proxecto.
A duración do proxecto foi de 7 meses, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de xullo de 2023
Máis información sobre AYCH
OBXECTIVOS:
- Construír un modelo de innovación social para os mozos apoiando o emprendemento social, o emprego e a educación nas industrias creativas e culturais, no Espazo Atlántico.
- Establecer unha rede de centros transnacionais, conectados e multidisciplinares que estimularán a xeración de ideas e a posta en marcha de empresas para os mozos afastados do mercado laboral e para aqueles que buscan unha carreira profesional ou o autoemprego no sector creativo.
- Aumentar as aspiracións empresariais, creando capital social e económico, conectando aos empresarios co talento e apoiando o crecemento e o emprego no sector.
- Reducir as taxas de desemprego xuvenil nas zonas asociadas.
- Aumentar a concienciación sobre a empresa social como opción para a creación de empresas.
- Promover o espírito empresarial responsable e sostible.
SOCIOS:
- Cámara Municipal de Santo Tirso (PT)
- In.Cubo (PT)
- EDNA (Escola de Deseño de Nantes Atlántico) (FR)
- IMI (Instituto de Métodos de Innovación) (IE)
- Space (UK)
- Vida Lactea (ES)
- Cámara Comercio Santiago de Compostela (ES)
- Fundación Galicia Europa (ES)
ORZAMENTO: 653.242,22 € (cofinanciado por FEDER: 489.931,67 €).
LIDERA
![]()
O proxecto «Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo» (LIDERA) ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento da xuventude do territorio.
No acto de clausura do proxecto, destacáronse os seguintes resultados durante os cinco anos desde a súa posta en marcha:
- Promoción e maior desenvolvemento económico transfronteirizo en Galicia e na rexión Norte de Portugal.
- Propostas e iniciativas sobre emprendemento e empregabilidade xuvenil e acción local para a Axenda para a Innovación das Políticas de Xuventude 2020-2030.
Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; a Fundación Galicia Europa; a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela; a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega); o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ); a Federação Nacional das Associações Juvenis (FNAJ); e a Comunidade Intermunicipal do Ave.
EUROCIDADE_2020
![]()
Eurocidade_2020 consolídase como un proxecto de cooperación transfronteiriza, en tanto que é liderado e permite a realización do obxecto social dunha Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) como a Eurocidade Chaves-Verín. Esta AECT é unha agrupación de municipios transfronteiriza con personalidade xurídica propia en España e Portugal e encárgase de xestionar de maneira conxunta as competencias locais co obxectivo de promover a converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental de todo o seu territorio de actuación.
Durante a clausura do proxecto, destacáronse algúns dos resultados acadados, como a posta en marcha do proxecto piloto de transporte urbano transfronteirizo (TUT), o inicio da rede de postos de turismo de Chaves-Verín “Eurocidade da auga” como destino turístico transfronteirizo, o reforzo do local de ensaios Musical da Xuventude e da Oficina de Xuventude Transfronteiriza ou a realización de máis de 300 actividades transfronteirizas en múltiples eidos como o turismo, a educación ou a cultura.
O proxecto tamén facilitou o avance do plan estratéxico da axenda urbana Eurocidade 2030, o reforzo das súas páxinas web, a elaboración dun estudo de ampliación da Eurocidade ou o reforzo de elementos como a ciclovia, a ruta termal ou o camiño do contrabando.
En definitiva, EUROCIDADE_2020 foi un proxecto de cooperación transfronteiriza que facilitou o diálogo entre os diferentes axentes do territorio da Eurocidade consolidando a cooperación entre eles mellorando a preparación da Eurocidade Chaves-Verín ante futuros desafíos.
OUTROS PROXECTOS
Entre 2010 e 2013, a Fundación Galicia Europa participou no proxecto Eco_Innova, liderado polo Concello de Ourense e cofinanciado polo Programa de Cooperación Transnacional da UE “Espazo Atlántico” 2007-2013, co obxectivo de informar e promover a eco-innovación entre as PEMES das rexións participantes.
Entre 2011 e 2015, a Fundación Galicia Europa formou parte do proxecto “Mozos emprendedores da Eurorrexión. EMPRENDE”, liderado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e cofinanciado polo programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013. O proxecto tiña como finalidade fomentar o emprendemento e facilitar o acceso ao emprendo da mocidade de Galicia e do Norte de Portugal. Cun orzamento de máis de 700.000 € (cofinanciado ao 75% polo FEDER), EMPRENDE desenvolveu diferentes actividades de asesoramento e cooperación empresarial, apoio ás iniciativas xuvenís emprendedoras e potenciación do talento dos mozos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.