Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » A Fundación Galicia Europa recibe a incorporación dunha voluntaria IVY

A Fundación Galicia Europa recibe a incorporación dunha voluntaria IVY

28/11/2023 | ,

—A Iniciativa Mocidade Voluntaria Interreg (IVY) ofrece aos mozos a posibilidade de servir como voluntarios en programas transfronteirizos, transnacionales ou interrexionais

— A Fundación Galicia Europa recibe por primeira vez unha voluntaria IVY que ofrecerá apoio en materia de comunicación

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2023. A Fundación Galicia Europa, no marco do proxecto Interreg “RuralYouthFuture -Mellorar o papel das políticas de mocidade para o desenvolvemento rural sostible”, do programa Interreg Europa, recibe a incorporación dunha voluntaria IVY en materia de comunicación. Esta iniciativa ofrece vantaxes similares ás do Servizo Voluntario Europeo. A selección das organizacións de acollida realízaa a Asociación de Rexións Fronteirizas e Transfronteirizas Europeas (ARFE) en nome da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DGREGIO).

Esta iniciativa fomenta a colaboración entre as fronteiras interiores da UE e o sentido de solidariedade, cidadanía e compromiso cívico europeos. O período de voluntariado oscila entre os 2 meses ata un máximo de 6 meses. Os voluntarios de Interreg son novos da UE e os seus países veciños que comparten paixón pola cooperación. Trátase de persoas de entre 18 e 30 anos condiferentes antecedentes culturais, competencias e intereses.

Interreg apoia a cooperación entre rexións que comparten obxectivos comúns como o desenvolvemento rexional e a identificación e resolución de desafíos.

Pilar del Oro Sáez, coordinadora de Euroxuventude, exercerá o cargo de mentora para a nova voluntaria IVY, Carla González Barreiros. Coa finalidade de apoiar e promover o éxito dos programas e proxectos Interreg, a voluntaria ocuparase principalmente da área de comunicación xunto con outras funcións.

Interreg Volunteering Youth

O obxectivo xeral de IVY é promover o éxito dos programas e proxectos Interreg nos que participen mozos voluntarios. Más concretamente,búscase reforzar a visibilidade dos programas e proxectos de Interreg, IPA-CBC e ENI-CBC/Interreg NEXT; mediante o apoio de mozos voluntarios, especialmente en calidade de Interreg Project Partners. Ademais, preténdese ofrecer ás novas oportunidades en actividades solidarias que conleven un cambio social positivo. Por último, a iniciativa IVY contribúe á integración europea e sensibiliza aos mozos sobre o seu impacto positivo.

Máis información: Programa IVY

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data