Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » A Fundación Galicia Europa participa na visita de estudo a Peshtera, Bulgaria, no marco do proxecto RuralYouthFuture

A Fundación Galicia Europa participa na visita de estudo a Peshtera, Bulgaria, no marco do proxecto RuralYouthFuture

04/04/2024 | ,

— A Fundación presenta as boas prácticas galegas durante a súa visita a Bulgaria co motivo do proxecto RuralYouthFuture.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2024. A Fundación Galicia Europa explicou aos medios locais (televisión) os obxectivos xerais do proxecto e exemplos de boas prácticas galegas que poderían ser replicables nas rexións europeas. Ademais, expúxose a importancia da colaboración interregional que promove o programa Interreg Europe.

A xornada comezou cun discurso de benvida, por parte do alcalde do municipio de Peshtera, para recibir aos stakeholders e aos socios do proxecto. Posteriormente, a Asociación Búlgara de Psicólogos Novos “ 4 de Abril ” – Emprego xuvenil e emprendemento en zonas rurais-  iniciou a presentación  de boas prácticas recompiladas ao longo destas semanas.

Doutra banda, e de forma en liña, presentáronse as seguintes boas prácticas:

CRAFT: este proxecto, impulsado pola Fundación Empresarial para a Educación, promove o emprego e o espírito empresarial nas zonas rurais da UE. Busca mellorar as capacidades dos mozos e reconverter espazos baleiros en contornas de traballo colaborativos, así como reforzar unha mentalidade dixital entre os mozos co fin de abordar eficazmente o Pacto Europeo de Capacidades post- 2020.

“A miña Cidade Virtual” – Os mozos como cidadáns activos da nosa sociedade- : creada pola Asociación CSEG, defende o sistema educativo como a forma democrática de apoiar aos estudantes na súa participación activa en todos os ámbitos da vida económica, ecolóxica e social a nivel local.

RuralLAB 3.0: esta iniciativa, impulsada pola consultora Dideas, ofrece unha serie de ferramentas que permiten adquirir competencias, aprender sobre emprendemento social e propoñer proxectos reais desde o medio rural que teñan un impacto positivo.

Todas estas iniciativas foron de gran interese para todos os alí presentes.

Por último, expuxéronse as principais actividades que leva a cabo o municipio de Peshtera e que están dirixidas exclusivamente aos mozos. Todo iso foi impartido por unha serie de expertos do municipio, baixo o tema “Estratexias locais para o desenvolvemento xuvenil sostible, actividades implementadas e en curso”.

Durante a tarde, celebrouse a reunión do grupo directivo e a cuarta reunión do grupo técnico, co obxectivo de comentar os avances conseguidos ata o momento e planificar as futuras tarefas e eventos previstos para este semestre. Finalmente, os stakeholders e os socios do proxecto puideron disfrutar do municipio de Peshtera acompañados pola presenza do alcalde municipal.

RuralYouthFuture 

RuralYouthFuture é unha iniciativa europea dedicada a mellorar a eficacia das políticas de emprego xuvenil para o desenvolvemento rural sostible. Este ambicioso empeño une a entidades municipais, rexionais e nacionais ao redor dun obxectivo común: atender as necesidades singulares dos mozos nos territorios rurais. Mediante a redución das desigualdades cos seus coetáneos urbanos e a loita contra o envellecemento e o despoboamento, RuralYouthFuture pretende forxar un futuro mellor.

Enfócase en seis instrumentos políticos a escala municipal, rexional e nacional para facer fronte ao reto común de responder as necesidades da mocidade nos territorios rurais, os cales están a experimentar un crecente descenso da poboación. Contará coa participación de distintos socios de sete países europeos: España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia e Bélxica. O proxecto conta cun financiamento de 1,6 millóns de euros, cofinanciado con fondos FEDER.

Máis información: RuralYouthFuture

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data