2022, o ano da recuperación
A fundación Galicia Europa naceu hai máis de 30 anos coa misión e a vocación de tender pontes entre Galicia e a Unión Europea para unir dúas realidades complementarias. No ano 2022, desde a Fundación Galicia Europa traballamos en recuperar a normalidade tras a pandemia a través dos nosos piares fundamentais. Seguimos a defender os intereses galegos en Europa pero tamén coa mirada en Galicia informando sobre a Unión Europea e achegando as políticas e as decisións europeas a todos os galegos e galegas. Ademais, continuamos a nostra aposta por fomentar a participación de entidades galegas en proxectos europeos e nós mesmos, a FGE, participamos directamente en proxectos europeos que teñen á mocidade no centro de execución. A formación a través das nosas bolsas, a sensibilización sobre a realidade comunitaria a través da canle #Euroxuventude e o compromiso co Pacto Europeo polo Clima centraron tamén as nosas actividades no ano 2022.
Ámbitos de actuación
Defensa dos intereses de Galicia ante a Unión Europa
Fomento da participación galega en proxectos europeos
Seguimento e información sobre a UE en Galicia
Formación e sensibilización sobre a realidade europea
2022 en cifras
participantes nos eventos FGE. Máis de 500 nas reunións de ámbito europeo, arredor de 300 en TecEuropa e 125 nas actividades de EuroXuventude
boletíns cunha taxa de apertura do 22% con 1.200 subscriptores. Difusión de novas, convocatorias e información europea dende unha perspectiva galega
seguidores nas RRSS. 3.558 en Linkedin con 1927 reacciones e 121 compartidos. 2.378 en Twitter con 487 retuits e 891 'me gusta'
noticias. 113 novas da UE, 76 novas sobre Galicia na UE, 37 de Fundación Galicia Europa e 28 de EuroXuventude
artigos de colaboración coa revista ECO
reunións de alto nivel entre altos cargos da Xunta de Galicia e as institucións europeas. 3 reunións ministeriais do Consello da UE con participación galega
reunións das redes de cooperación rexional como a Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas ou a Conferencia entre as oficinas rexionais españolas
reunións do Comité Europeo das Rexións con participación galega no pleno e nas diferentes comisións
encontros virtuais FGE | NextGeneratiOn Galicia
usuarios do portal web onde atoparon 250 novas do ámbito europeo.
Orzamento da FGE (memoria liquidación)

Máis información sobre o orzamento da FGE
Datos xerais de actividade económica da Fundación Galicia Europa:
CONTRATOS | SUBVENCIÓNS |
Nº contratos: 433 | 11 beneficiarios |
Por importe de 343.568 € | 76.298 € |
CONVENIOS | ALUGUER ESPAZO OFICINA |
Consellería de Política Social | Fundación Empresa Universidade Galega |
Instituto Galego de Pomoción Económica | Sala de reunións |
Total: 48.500 € | Total: 7.160 € |
Axudas e subvencións:
TIPO DE SUBVENCIÓN | IMPORTE CONCEDIDO | LIÑAS DE SUBVENCIÓNS PUBLICADAS | NÚMERO DE BENEFICIARIOS |
Subvencións a persoas físicas non empresarios | 76.298 € | PR770N/PR770M Bolsas para a formación en asuntos europeos | 11 |