I. Defensa dos intereses galegos en Europa

A FGE realiza un seguimento das políticas comunitarias, presta apoio e asesora aos representantes galegos nas institucións e órganos comunitarios, organiza visitas de responsables políticos e técnicos a Bruxelas, fomenta a participación galega nos foros de debate que teñen lugar na capital comunitaria e colabora con outras rexións no marco de diferentes redes de cooperación para defender intereses comúns.
Volver á páxina principal

1. O Comité Europeo das Rexións

Nun ano no que se retomaron plenamente as reunións presenciais, a Fundación Galicia Europa facilitou e asistiu á representación de Galicia no CdR nun total de 19 reunións: 5 da comisión de Recursos Naturais (entre as que destaca a celebrada en Santiago de Compostela en xuño); 5 da Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX); 6 sesións plenarias; 2 reunións do grupo de contacto co Reino Unido e no Cumio de Rexións e Cidades celebrado en Marsella a principios de marzo.

Conferencia da Comisión NAT en Santiago sobre o Camiño de Santiago como un novo modelo de turismo sostible en Europa.

Segue lendo

Tras o inicio da agresión inxustificada de Rusia contra Ucraína, o CdR mobilizouse en apoio ao pobo ucraíno, aproveitando o grupo de traballo que mantén dende 2015 coas autoridades locais e rexionais deste país. O Cumio Europeo de Rexións e Cidades, celebrado poucos días despois do inicio da guerra e centrado nun primeiro momento na cohesión e na recuperación, centrouse neste tema. O CdR facilitou os contactos entre concellos ucraínos e europeos para a acollida de refuxiados e para o envío de axuda. En xuño formou a Alianza de Rexións para a Reconstrución de Ucraína, á que se sumou Galicia.

➤ Comisión NAT en Santiago de Compostela

Por segunda vez desde a creación do CdR, Galicia acolleu unha reunión no exterior da sede deste organismo, despois de que a súa candidatura fose elixida na comisión NAT. Inicialmente prevista para 2020, pero aprazada como consecuencia da pandemia ata xuño de 2022, este encontro reuniu a preto de 150 representantes autonómicos e locais na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Nel participaron como convidados o vicepresidente segundo da Xunta e o conselleiro de Medio Rural. Ao día seguinte, unha xornada sobre turismo sostible abordou a recuperación deste sector, gravemente afectado pola pandemia, e puxo o Camiño de Santiago como exemplo de turismo sostible, coincidindo coa celebración do Xacobeo 21-22.

➤ Alianza de Rexións con Industrias da Automoción

Jesús Gamallo no pleno do Comité das RexiónsGrazas á participación previa de Galicia no Grupo Interrexional da Automoción, constituído no CdR en 2007, Galicia contribuíu activamente á constitución en xullo da Alianza de Rexións con Industrias da Automoción. A decisión europea tomada a finais de ano de que para 2035 todos os coches e furgonetas novos da UE deben ser vehículos de cero emisións implica un cambio importante na industria da automoción. Esta nova alianza europea afirma que esta descarbonización non se pode conseguir sen medidas de transición xustas para a automoción e as rexións nas que se sitúa, medidas que deberían basearse nunha avaliación de impacto territorial e nun diálogo social e multinivel.

Por último, a achega galega a estes 19 encontros do CdR foi moi variada: dende a chamada de atención sobre o impacto en Galicia do veto á pesca de fondo ata a posibilidade de convocar unha convención para reformar os tratados á raiz da Conferencia sobre o futuro de Europa, pasando pola reforma do sistema Schengen.

2. Reunións de alto nivel entre Galicia e Bruxelas

En 2022, a FGE organizou, a finais de abril, unha reunión entre a Comisión Europea e o Director Xeral de Enerxía para tratar a revisión da Directiva de Enerxías Renovables, especialmente no que se refire á determinación dos criterios de sustentabilidade da biomasa.

Segue lendo

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: participación da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, no Consello da UE; visita de Diego Calvo, vicepresidente segundo da Xunta, a Bruxelas; presentación en Bruxelas da Axenda Galega de Capacidades; reunión da Conselleira de Medio Ambiente con Matthjis Soede na COP27, participación do director do Igape, Fernando Guldrís, na primeira reunión organizada pola Alianza de Rexións con Industrias da Automoción; e presenza no Consello da UE de Sanidade do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.


Asistimos á Consellería de Emprego e Igualdade na súa participación no Consello da UE, especialmente, na asistencia e intervención nas reunións ministeriais celebradas en marzo e xuño.

Tamén asistimos á Dirección Xeral de Formación e Colocación para a presentación a nivel europeo da Estratexia Galega de Capacidades e a AMTEGA, para difundir o seu traballo en materia de Intelixencia Artificial, organizando encontros co CEDEFOP e a DG CONNECT, respectivamente.

En setembro, organizamos a visita a Bruxelas do novo vicepresidente segunda e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e apoiamos a visita da Comisión de Industria do Parlamento Europeo a Galicia.

En novembro, organizamos axendas de reunións para a conselleira de Medio Ambiente na COP 27 en Exipto e para o director do IGAPE en Bruxelas, ademais de acompañalo á primeira reunión política da Alianza das Rexións con Industrias da Automoción.

En decembro, apoiamos a participación do conselleiro de Sanidade na reunión do Consello de Ministros da UE neste ámbito.

3. Seguimento e participación nas políticas europeas

A FGE, en colaboración coas consellerías competentes, realizou un seguimento dos asuntos a debate a nivel europeo que revisten un maior interese para Galicia. De forma sistemática, informou á Xunta de Galicia sobre peticións presentadas no Parlamento Europeo relacionadas con Galicia, preguntas formuladas polos eurodeputados á Comisión Europea e as súas respostas e consultas públicas nas súas distintas fases do procedemento lexislativo.

Segue lendo

Algúns dos temas nos que traballamos en 2022 son:

 

A execución dos fondos estruturais 14-20, a programación do período 21-27 e o debate que se abre sobre o futuro da política de cohesión.

A execución da actual Rede Transeuropea de Transporte e a súa revisión para 2024.

A prohibición da pesca de fondo nas zonas do Atlántico Noroeste.

A avaliación da Política Pesqueira Común.

A xestión das poboacións de lobos.

Como conseguir a neutralidade climática na agricultura para 2035.

A transición xusta nas zonas identificadas como tales en Galicia polo peche das centrais térmicas de As Pontes e Meirama.

A transición cara a unha industria da automoción climáticamente neutra.

A adaptación ao cambio climático na UE, xa que Galicia foi elixida como rexión membro da Misión da UE dedicada a este fin.

Participación de Galicia na Conferencia da ONU sobre o cambio climático (COP 27).

O plan europeo para reducir a dependencia dos combustibles fósiles: REPowerEU.

Reconstrución de Ucraína: busca de concellos galegos interesados ​​en colaborar con concellos ucraínos.

Modificación do Plan Nacional de Recuperación e Resiliencia.

A estratexia europea para as universidades.

A negociación do primeiro marco normativo global en relación á intelixencia artificial.

4. Encontros virtuais FGE | NextGeneratiOn Galicia

A Fundación Galicia Europa continuou en 2022 organizando estes encontros mensuais entre a Comisión Europea e a Xunta de Galicia para explicar as políticas europeas ao sector público autonómico.

Segue lendo

Comezamos o ano repasando as prioridades da Comisión Europea e, durante os meses seguintes, seguimos contrastando a perspectiva europea e a galega en cuestións tan importantes como a transformación do transporte na UE, a transición verde e dixital, o Semestre Europeo, a política de cohesión 21-27, REPowerEU ou a implantación do MRR.

Esta é a lista completa das 9 reunións realizadas:

➤ 5 de xaneiro. “Camiñando cara a unha mobilidade sostible e intelixente: a transformación do transporte na UE”. Con Pablo Fábregas Martínez, membro do gabinete de Adina Vălean, comisaria de Transportes; e Ignacio Maestro, director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia. Consulta aquí a nova do encontro.

➤ 9 de marzo. “As prioridades da Comisión Europea para 2022”. Con Sonia Vila Núñez, xefa do servizo de asesoramento á presidencia da Comisión Europea (IDEA); e Ana Ramos Barbosa, directora da oficina en Bruxelas da Fundación Galicia Europa. Consulta a nova a e acta do encontro.

➤ 30 de marzo. “As Misións de Horizonte Europa: unha nova aproximación aos retos da UE”. Con Rosa Correa, da Dirección Xeral de Investigación e Innovación da Comisión Europea; e Sabela Pardo Rodríguez, directora da Área de programas da Axencia de Innovación. Consulta a nova a e acta do encontro.

➤ 3 de maio. “O Mecanismo de Transición Xusta: a ferramenta rexional para facilitar a transición verde”. Con Brieuc Posnic e Jordi Montané, das Direccións Xerais de Enerxía e Política Rexional da Comisión Europea; María Coutinho, subdirectora xeral de Recursos Minerais; e Raquel Rodríguez Espiño, directora da área de investimentos do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Consulta a nova a e acta do encontro.

8 de xuño. “O futuro dixital de Europa: que esperar ata 2030?”. Con Jorge Remuiñán Suárez, da Dirección Xeral de Comunicación, Contidos e Tecnoloxías da Comisión Europea; e María Bobillo Varela, directora da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación de Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Consulta a nova a e acta do encontro.

➤ 6 de xullo. “O Semestre Europeo 2022: un novo ciclo de investimento e reforma”. Con Carlos Maravall Rodríguez, do Grupo de Traballo de Recuperación e Resiliencia da Secretaría Xeral da Comisión Europea; e Ángel Tarrío Tobar, Director Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos da Xunta de Galicia. Consulta a nova a e acta do encontro.

➤ 28 de setembro. “REPowerEU: un impulso verde á independencia enerxética da UE”. Con Yolanda García Mezquita, xefa de unidade do Grupo de Traballo da Plataforma Enerxética da Comisión Europea; e Juan Ignacio Rodríguez-Fernández Arroyo, director do Departamento de Enerxía do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA). Consulta a nova do encontro.

➤ 26 de outubro. “Política de Cohesión 21-27: retos e perspectivas para un novo período de programación”. Con Vicente Rodríguez Sáez e María Auxiliadora, da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea; e Esteban Andión Hermida, subdirector xeral de Programación e Coordinación de Fondos Europeos da Xunta de Galicia. Consulta a nova a e acta do encontro.

➤ 14 de decembro. “A implantación do MRR: unha perspectiva rexional”. Con Isabel Lara Miranda, do Grupo de Traballo de Recuperación e Resiliencia da Comisión Europea; e Ángel Tarrío Tobar, director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos da Xunta de Galicia. Consulta a nova a e acta do encontro.

5. Semana Europea das Rexións e das Cidades

A FGE fomenta e promove a participación galega nesta semana, un evento anual de referencia a nivel europeo en políticas e iniciativas rexionais e urbanísticas. Dentro do programa oficial 2022, tres debates contaron con relatores galegos para compartir experiencias na loita contra o cambio climático, a transición dixital e a participación en proxectos europeos.

Segue lendo

Por unha banda, a sede da Fundación Galicia Europa en Bruxelas acolleu un seminario en formato híbrido sobre a transición dixital a través da conexión dos ecosistemas rexionais de innovación. Nela participaron varios representantes da Vanguard Initiative, a rede que agrupa a 39 das rexións industriais máis avanzadas de Europa (entre elas Galicia) para estimular a innovación e construír cadeas de valor europeas baseadas na complementariedade entre as súas estratexias rexionais de especialización intelixente. En representación de Galicia interveu a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey.

Por outra, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou nun seminario virtual sobre desenvolvemento urbano sostible organizado pola Fundación Galicia Europa xunto con outras rexións e concellos de Romanía, Eslovenia, Portugal e Polonia. A Xunta presentou aquí a súa experiencia como entidade coordinadora do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía, grazas ao cal máis do 90% dos concellos galegos están xa adheridos ao maior movemento supranacional para buscar sinerxías locais ante o cambio climático.

Nesta nova pódese atopar toda a información sobre a participación galega na Semana Europea das Rexións e Cidades 2022.

6. Redes de cooperación rexionais

No ano 2022 a FGE coordinou a participación galega na Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM) e na Comisión del Arco Atlántico (CAA) e participou nas reunións organizadas pola Rede informal de Colaboración entre Delegacións Rexionais Españolas (CORE).

CAA e CRPM

De esquerda a dereita: Rosa Quintana, conselleira do Mar, participou no grupo de traballo sobre Asuntos Marítimos (Bruxelas); xornada organizada pola Xunta en colaboración coa CRPM sobre o futuro do sector pesqueiro na UE; Rosa Quintana interveu por videoconferencia no obradoiro de ferramentas financeiras para unha economía azul sostenible.

A Fundación Galicia Europa coordinou a participación galega na Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM) nun ano no que os principais temas sobre os que traballou esta rede foron a revisión da Rede Transeuropea de Transporte, a defensa dunha macrorexión atlántica e o fortalecemento do seu rol como defensora das rexións marítimas.

En particular, a FGE apoiou a participación política nas asembleas xerais da Comisión do Arco Atlántico en maio en San Sebastián, da CRPM en Creta en outubro, e no grupo de traballo de Asuntos Marítimos celebrado en Bruxelas en outubro. Tamén asistiu a sete reunións técnicas desta rede (transportes, cohesión, grupos de traballo de macrorrexións atlánticas, etc.).

Fíxose especial fincapé nos temas marítimos. Por unha banda, o director da FGE participou na xornada “Que futuro queremos para o sector pesqueiro da UE? Balance da aplicación e propostas de futuro da política pesqueira común das rexións costeiras da UE”, organizada pola Xunta en colaboración coa Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM) no porto da Coruña. E por outra, a FGE colaborou coa Consellería do Mar na organización do obradoiro “Ferramentas financeiras para unha economía azul sustentable”, organizado en colaboración co CRPM.

O Grupo de Traballo do Brexit coordinado por Galicia no seo da Comisión Arco Atlántico da CRPM reuniuse en abril para coñecer os resultados preliminares dun estudo encargado polo CdR sobre o impacto do Brexit nas rexións europeas.

CORE

A FGE participou en máis de 30 reunións organizadas pola Rede informal de Colaboración entre Delegacións Rexionais Españolas (CORE) coordinada no primeiro semestre pola oficina de Baleares e no segundo pola oficina de Valencia. A través dos seus 11 grupos de coordinación técnica e do grupo de responsables de oficina, esta rede permite o diálogo directo coa Representación Permanente de España ante a UE e con todas as institucións europeas, ademais de compartir información.

7. Presenza de entidades galegas en Bruxelas

A Fundación presta apoio a aquelas entidades públicas ou privadas galegas que queiran achegarse a Bruxelas para participar con eficacia no proceso de toma de decisións comunitarias e nos programas europeos. Este é o caso na actualidade da Fundación Universidade-Empresa de Galicia (FEUGA), que aluga o seu espazo de oficina na propia sede da Fundación en Bruxelas.