Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Encontros Virtuais » A Xunta destaca o valor para Galicia da política de cohesión europea

A Xunta destaca o valor para Galicia da política de cohesión europea

26/10/2022 | , , ,

— Unha nova edición do ciclo de encontros virtuais «FGE | NextGeneratiOn Galicia» reúne a funcionarios europeos e galegos antes da posta en marcha dun novo período financeiro para a execución dos fondos estruturais.

— Sumando a asignación do novo período aos 22 000 millóns xa recibidos, esta política comunitaria terá investido en Galicia preto de 28 000 millóns de euros.

— O 85% dos novos recursos irán destinados a reforzar a competitividade e a sostibilidade de Galicia.

 

Bruxelas, 26 de outubro de 2022. A Fundación Galicia Europa (FGE) celebrou o oitavo encontro virtual do ano dentro do seu ciclo «FGE | NextGeneratiOn Galicia». A reunión congregou a unha vintena de funcionarios do sector público autonómico con representantes da Comisión Europea para abordar os desafíos e as perspectivas do período de programación dos fondos estruturais 2021-2027 que se pon agora en marcha.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, deu a benvida a todos os participantes, sinalando que Galicia vai recibir preto de 3.270 millóns de euros desta política europea que representa un terzo do todo o orzamento comunitario. «Estes cartos sumaranse aos máis de 22.000 millóns de euros que esta política ten investido en Galicia dende o ingreso de España ás comunidades europeas en 1986», lembrou o director xeral.

Pola súa parte, a directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, advertiu como o exercicio de programación a sete anos demorouse neste novo período. Primeiro pola complicada negociación do Marco Financeiro Plurianual, despois polos regulamentos dos fondos e finalmente pola posta en marcha en España do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. «Os recursos procedentes deste novo fondo duplican o montante que España adoita a recibir da política de cohesión. Ademais, deben executarse nun prazo menor e con normas moi diferentes, o que supón un gran desafío para todas as administracións en España».

Ana Ramos afirmou: «Os recursos procedentes deste novo fondo duplican o montante que España adoita a recibir da política de cohesión. Ademais, deben executarse nun prazo menor e con normas moi diferentes, o que supón un gran desafío para todas as administracións en España»

Todo isto fixo que a Comisión Europea estea hoxe a punto de dar o visto bo ao Contrato de Asociación con España, o documento de base que dará pé á aprobación dos máis de 40 programas operativos, rexionais e plurirrexionais, a través dos cales a UE investirá preto de 36.700 millóns de euros nos próximos sete anos en España co obxectivo de reducir as disparidades territoriais. Así o explicaron os representantes da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea, quen destacaron a contribución da política de cohesión á converxencia de todas as comunidades autónomas coa media europea dando algunhas cifras: 190 000 millóns de euros investidos (unha cifra superior ao PIB de Portugal), 73 000 pemes apoiadas directamente, creación de 95.600 postos de traballo, acceso a banda ancha de 2,4 millóns de persoas, etc.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data