Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE

A Xunta e a Comisión Europea examinan as oportunidades para Galicia de “REPowerEU”

28/09/2022 | , , ,

— A directora da oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos, inaugura o sétimo encontro do ano do ciclo “FGE | NextGeneratiOn Galicia”.

— Ana Ramos sinalou a importancia REPowerEU no contexto enerxético actual, así como as oportunidades de financiamento que este plan de acción pode supoñer para Galicia.

Bruxelas, 28 de setembro de 2022. A directora da oficina de Bruxelas da FGE, Ana Ramos, inaugurou esta mañá o sétimo encontro do ano do ciclo FGE | NextGeneratiOn Galicia”, o foro de debate mensual no que a Xunta e a Comisión Europea intercambian información sobre as políticas comunitarias de maior repercusión para Galicia.

A directora subliñou a importancia de REPowerEU, o plan de acción mediante o que a Comisión Europea pretende eliminar gradualmente a dependencia das importacións de gas, petróleo e carbón rusos, ó tempo que garante a seguridade de subministro e uns prezos da enerxía asumibles para o inverno. Para que isto sexa posible, incrementarase o financiamento de enerxías verdes como o hidróxeno, o que pode resultar unha oportunidade para Galicia.  Ana Ramos tamén destacou a necesidade de garantir mecanismos de colaboración que aseguren unha implicación efectiva da administración rexional, tanto na revisión do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) como na aplicación dos Plans nacionais de Recuperación e Resiliencia.

Tras a súa intervención, unha representante do Grupo de Traballo da Plataforma Enerxética da UE da Comisión Europea tomou a palabra para expoñer o contexto enerxético actual, así como os retos de REPowerEU. Tamén interveu o director do Departamento de Enerxía do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), Ignacio Rodríguez Fernández-Arroyo, quen explicou as inquedanzas e expectativas existentes na nosa rexión con respecto a REPowerEU.

 

 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data