Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE

A Xunta e a Comisión Europea analizan as novidades do Semestre Europeo 2022

06/07/2022 | , ,

 
  • A directora da oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos, inaugura o sexto encontro do ano do ciclo “FGE | NextGeneratiOn Galicia”.
  • Ana Ramos rsinalou a importancia do Semestre Europeo, salientando a aliñamento de Galicia coas recomendacións por país.

 

Bruxelas, 6 de xullo de 2022- A directora da oficina de Bruxelas da FGE, Ana Ramos, inaugurou esta mañá o sexto encontro do ano do ciclo FGE | NextGeneratiOn Galicia”, o foro de debate mensual no que a Xunta e a Comisión Europea intercambian información sobre as políticas comunitarias de maior repercusión para Galicia.

A directora salientou a importancia do Semestre Europeo, o ciclo de coordinación das políticas económicas, orzamentarias, sociais e laborais dentro da UE. Adaptado para ter en conta a creación do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, o ciclo de 2022 configúrase como unha oportunidade para debater sobre as interaccións entre estes dous marcos europeos, que garanten a coordinación política e buscan dar resposta aos retos actuais.

Tras a intervención de Ana Ramos, un representante da Comisión Europea abordou os retos do ciclo de 2022 do Semestre Europeo, subliñando a necesidade de reducir a dependencia dos combustibles fósiles rusos. Para iso, resaltou a importancia de fomentar investimentos e reformas baseados nas directrices proporcionadas polas recomendacións específicas por país deste ano, en consonancia coas prioridades de REPowerEU e do Pacto Verde Europeo. Tamén interveu Ángel Tarrío Tobar, director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos de Xunta de Galicia, quen explicou o estado da situación na nosa rexión da programación de fondos  e o seu aliñamento coas recomendacións por país da Comisión Europea, así como a implantación en Galicia do Plan Nacional de Recuperación e Resiliencia.

 

 

 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data