Actualidade
Portada » Actualidade » Análise FGE da actualidade comunitaria » Competitividade »
“One Europe, one market”
Durante a reunión do Consello Europeo de marzo de 2026, os dirixentes da UE presentaron a axenda “One Europe, One Market”. Esta iniciativa nace da necesidade de impulsar a competitividade europea, potenciar a súa resiliencia e mellorar a súa autonomía estratéxica e seguridade económica, preservando a prosperidade e o modelo social europeo.
O 24 de abril de 2026, o Parlamento Europeo, o Consello e a Comisión Europea asinaron unha folla de ruta conxunta que establece accións concretas, organizadas en cinco bloques estratéxicos, para alcanzar estes obxectivos antes de finais de 2027. O documento constitúe un compromiso político e operativo das tres institucións, que acordaron dar a máxima prioridade a estas iniciativas, avanzar de maneira coordinada e cumprir os prazos establecidos.