Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE

A Xunta e a Comisión Europea analizan os retos da transformación dixital na UE

08/06/2022 | , ,

 
  • A directora da oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos, inaugura o quinto encontro do ano do ciclo “FGE | NextGeneratiOn Galicia”.
  • Ana Ramos resalta o compromiso de Galicia coa transición dixital, fomentado pola Estratexia Galicia Dixital 2030 e a Estratexia para a transformación de Galicia.

 

A directora da oficina de Bruxelas da FGE, Ana Ramos, inaugurou esta mañá o quinto encontro do ano do ciclo “FGE | NextGeneratiOn Galicia”, o foro de debate mensual no que a Xunta e a Comisión Europea intercambian información sobre as políticas comunitarias de maior repercusión para Galicia.

A directora  subliñou a necesidade de fomentar a participación e o compromiso de todas as partes interesadas, incluídas as rexións, para acadar unha transformación dixital satisfactoria. Para iso, Galicia xa lanzou a súa Estratexia dixital para 2030, coa que se establece como rexión dixital de referencia en Europa. Ana Ramos tamén destacou as actuacións contempladas na Estratexia para a transformación de Galicia, dirixidas a impulsar a adopción de tecnoloxías disruptivas, a posta en marcha do marco de competencias dixitais ou a dixitalización da administración pública galega.

Tras a súa intervención, un representante da Dirección Xeral de Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxías da Comisión Europea abordou os retos da transformación dixital na UE, consideraba unha pedra angular da arquitectura comunitaria dos próximos anos. Para acadar este propósito, a Comisión Europea presentou, en marzo de 2021, o seu “Compás Dixital”, no que se expoñen as ambicións dixitais da UE ata 2030, apoiándose en  catro piares: man de obra cualificada, infraestrutura física, dixitalización dos servizos públicos e transformación dixital das empresas. Isto verase acompañado de investimentos específicos apoiados por instrumentos orzamentarios da UE como os Fondos Estruturais ou o Programa Europa Dixital.

 

 

 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data