Actualidade
Portada »

A Xunta e a Comisión Europea abordan as consecuencias sociais e económicas da transición ecolóxica
A FGE organizou a cuarta sesión do ano do seu ciclo de encontros virtuais FGE | NextGeneratiOn Galicia, no que se trataron diferentes cuestións relacionadas coa transición ecolóxica, como o Fondo de Transición Xusta, do que A Coruña é beneficiaria por ter sido identificada como zona de transición xusta.

Galicia aposta en Bruxelas por unha transición ordenada no marco do debate “Obxectivo 55”
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou esta semana na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR) en Bruxelas. Cinco dos 14 ditames aprobados durante esta sesión recibiron emendas por parte de Galicia, especialmente os referidos ao paquete lexislativo “Obxectivo 55” para a redución das emisións de gases contaminantes en 2030

Novas propostas para facer dos produtos sostibles a norma
A Comisión propón novas normas para que case todos os bens físicos comercializados na UE sexan máis respectuosos co medio ambiente, adaptados á economía circular e eficientes desde o punto de vista enerxético en todo o seu ciclo de vida, desde a fase de deseño ata o seu uso cotián, reconversión e eliminación.

Economía circular: a Comisión propón novos dereitos dos consumidores e a prohibición do branqueo ecolóxico
Esta iniciativa sobre a capacitación dos consumidores para a transición ecolóxica actualizará a normativa comunitaria en materia de protección dos consumidores. Desde éxito imporase a obrigación de facilitar información ao consumidores antes da compra sobre a reparabilidade e durabilidade dos produtos e de brindarase protección aos consumidores contra as prácticas desleais relacionadas coa obsolescencia temperá.

Novos intentos da UE para acoutar os prezos da enerxía
“REPowerEU” inclúe novidades para manter os prezos da enerxía baixo control no contexto actual de crise. Nos próximos meses, agárdanse varias propostas do executivo comunitario para garantir a seguridade de subministro e uns prezos da enerxía accesibles durante o próximo inverno, así como eliminar gradualmente a dependencia das importacións de gas, petróleo e carbón rusos.

A Lei Europea de Chips
A Comisión Europea propón un conxunto de medidas destinadas a garantir a seguridade de subministro e o liderado tecnolóxico da Unión en materia de semicondutores. Coa vista posta no 2030, a nova lei de Chips pretende duplicar a cota de mercado europea do actual 9% ao 20%

Novas medidas do Plan Europeo de Loita contra o Cancro
Un ano despois da publicación do Plan Europeo de Loita contra o Cancro e con motivo do Día Mundial contra o Cancro (o 4 de febreiro), a Comisión Europea deu outro paso para aumentar o acceso á prevención, a detección precoz, o tratamento e os coidados do cancro.

Un novo fondo climático para protexer os fogares máis desfavorecidos
No marco de “Obxectivo 55”(Firfor55), a Comisión Europea sacou á luz unha proposta de regulamento mediante o que se estable un Fondo Social para o Clima, destinado a abordar, no período 2025-2032, os impactos sociais derivados do comercio de dereitos de emisión (ETS) para os sectores da construción (edificios) e o transporte por estrada.

O Pacto Verde Europeo
O Pacto Verde Europeo correspóndese coa nova estratexia de crecemento da UE, destinadada a acadar, mediante unha transición xusta, unha economía de cero emisións, eficiente en recursos e competitiva, que converta así a Europa no primeiro continente climaticamente neutro de aquí ao ano 2050.