IV. Formación e sensibilización sobre a realidade europea
Nos seus máis de 30 anos de existencia, máis de 500 persoas tiveron a oportunidade de coñecer de preto a UE a través das súas bolsas de formación. Ademais, a FGE organiza en Galicia todo tipo de actos para explicar a Unión Europea aos galegos. VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL1. Bolseiros FGE
➤ Tras rematar o seu período de formación os bolseiros seleccionados na convocatoria de 2020 (que fora excepcionalmente ampliada debido á pandemia), catro novos bolseiros incorporáronse á oficina de Bruxelas en setembro. Cristina Gulías Trillo (políticas europeas), Gustavo Juan Álvarez Castro (políticas europeas), José María Grande Santalla (comunicación) e David Mouro Barreiro (administración) foron seleccionados nun proceso competitivo ao que se presentaron case 40 candidatos. Tamén se incorporou unha bolseira especializada en I+D+i, Laura López Suárez, que foi obxecto dun proceso selectivo específico, froito da colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a FGE. Laura renunciou á bolsa en xaneiro de 2023 por motivos profesionais.
➤ Por outra banda, a FGE acolleu ao longo de 2022 a unha bolseira do IGAPE, Montse Lago Sáiz, que, entre outras funcións, fixo o seguimento da política comercial común e da estratexia industrial europea.
➤ Así mesmo, entre novembro de 2022 e marzo de 2023 a oficina da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela acolleu a estadía de Martín Fernández Foley, estudante en prácticas.
2. Euroxuventude
➤ En 2022, a iniciativa EuroXuventude centrouse en dar conta das iniciativas postas en marcha pola UE con motivo do Ano Europeo da Xuventude, como a Green Track ou a recomendación europea sobre o voluntariado xuvenil. As novidades na web, na sección EuroXuventude, e as publicacións nas redes sociais foron as canles empregadas para darlle visibilidade.
➤ Por outra banda, a FGE participou no programa “Xuventude mentoring” da Consellería de Política Social, que ten como obxectivo favorecer a transición á vida laboral dos mozos con estudos de grao ou formación profesional. En concreto, guiou e acompañou a dous mozos titulados con interese por acceder ao mercado laboral no ámbito das relacións internacionais.
3. Compromiso co Pacto Climático Europeo
➤ En 2022, a Fundación Galicia Europa seguiu adherida ao Pacto Europeo polo Clima co compromiso de difundir información e sensibilizar a Galicia sobre os obxectivos do Pacto Verde Europeo. Deste xeito, a estratexia da UE para acadar a neutralidade climática en 2050 está presente en todas as actividades da FGE, desde TecEuropa ata EuroXuventude, incluíndo os encontros virtuais FGE | NextGeneration Galicia.