Actualidade
Portada » Actualidade » Análise FGE da actualidade comunitaria »
Da visión europea á acción galega: unha folla de ruta para a xuventude
A política europea de xuventude consolidouse como unha prioridade estratéxica da UE, evolucionando cara a un enfoque transversal que integra as necesidades da mocidade en todas as políticas públicas fronte a retos como a vivenda e a precariedade laboral. Neste marco destaca Galicia, que reforzou o seu compromiso coa mocidade a través de plans estratéxicos, políticas públicas específicas e iniciativas como #EuroXuventude da Fundación Galicia Europa, fortalecendo a participación xuvenil no proxecto europeo.