Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Formación »O programa Youth4Regions para futuros xornalistas galegos
— O prazo de solicitude finaliza o 7 de xullo. Os/as participantes terán a oportunidade de recibir mentorías de xornalistas consolidados e de viaxar a Bruxelas en outubro para cubrir a Semana Europea das Rexións e Cidades a gastos cubertos pola Comisión Europea
Bruxelas, 3 de maio de 2025.- A Comisión Europea abre unha nova convocatoria do programa Youth4Regions, unha iniciativa dirixida a estudantes de xornalismo e a mozos e mozas xornalistas que desexen coñecer máis sobre o funcionamento da política rexional da UE, así como mellorar as súas habilidades profesionais.
Como parte da experiencia, os participantes seleccionados/as poderán recibir mentorías en xornalismo e traballar con profesionais consolidados, aprender máis sobre a política de cohesión da UE, visitar medios especializados e institucións europeas e viaxar a Bruxelas para cubrir a Semana Europea das Rexións e Cidades no mes de outubro.
Ademais, os mellores traballos realizados no marco do programa serán recoñecidos cos premios Megalizzi – Niedzielski, en memoria de dous xornalistas europeos que perderon a vida durante o atentado de Estrasburgo en 2018.
A convocatoria está aberta ata o 7 de xullo de 2025. Para participar, os candidatos/as deben ter entre 18 e 30 anos, ser estudantes ou novos profesionais cun máximo de dous anos de experiencia en xornalismo, amosar un interese claro pola política rexional europea e ter dispoñibilidade do 11 ao 17 de outubro de 2025 para asistir á Semana Europea das Rexións e Cidades. Os gastos de viaxe e aloxamento cúbreos a Comisión Europea.
As persoas interesadas poden obter máis información e enviar a súa solicitude a través da páxina oficial do programa.

Fonte da imaxe: © Comisión Europea, 2025. Imaxe adaptada.