III. Información sobre a Unión Europea en Galicia
A evolución das políticas europeas, as posibilidades de financiamento comunitario e as oportunidades de emprego e prácticas nas institucións son os tres principais eixos de información europea facilitada pola FGE. Faino a través do seu portal web, das redes sociais e de boletíns electrónicos informativos. VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL➤ Boletines informativos
Elaboramos 14 boletíns informativos para o público en Galicia, compostos por noticias sobre a actualidade das políticas da UE e da participación galega en asuntos europeos, nos que tamén destacamos os grandes foros e eventos europeos, as convocatorias e as consultas públicas máis relevantes para Galicia.
➤ Redes sociais
Difundimos as actividades da FGE e a información europea de interés para Galicia a través dos nosos perfís nas redes sociais X e LinkedIn. Destaca este ano a creación dun perfil en Instagram destinado a explicar a UE á mocidade no marco de EuroXuventude.
O número de seguidores en redes sociais experimentou un importante ascenso. Os arredor de 7.750 do ano 2024 son 1.200 máis que en 2023, un aumento dun 15,5 %. Con respecto a 2022, o incremento é do 25%.
O aumento da difusión en redes sociais non só pode deducirse do crecemento en seguidores, senón tamén do ascenso no número de impresións, con case 270.000 en 2024, unas 10.000 máis que en 2023.
Campañas en redes
As campañas de comunicación en 2024 foron cinco, unha máis que en 2023, igual que aumentou o número de publicación ata as 34 fronte as 26 do exercicio anterior. Entre esas publicacións están os boletíns dixitais, que en 2024 consolidaron as súas cifras tanto de suscriptores (1.359 fronte os 1.388 de 2023) e de taxa de apertura, que se mantivo no 27%.
Fixemos unha campaña en redes sociais (Linkedin e Twtter) sobre as eleccións europeas para animar ao voto en Galicia, especialmente entre a xente moza. Para elo, colaboramos coa oficina do Parlamento Europeo en Madrid, adheríndonos á campaña “Usa o teu voto”, e publicamos:
– Un fío “O que Europa fai por min”, explicando que fai a UE por ti para mellorar o teu día a día.
– Un fío sobre “Que é o Parlamento Europeo”, explicando é proceso de elección e as súas funcións.
– Un fío en redes sobre como se toman as decisións na UE.
– Unha publicación explicando como se vota en cada país da UE.
– Un seguimento dos resultados electorais.
– Un fío da eleccións dos principais líderes da UE: presidenta da Comisión, do Parlamento e do Consello.
➤ Páxina web
A páxina web da FGE achega información sobre a actividade que desenvolve a entidade, a participación de Galicia nos asuntos comunitarios e a actualidade da UE a máis de 25.000 usuarios. Nela pódese consultar a memoria anual de actividades, así como as dos anos pasados.
Datos web 2024
No ano 2024, visitaron a web da FGE 25 mil usuarios, máis do dobre se o comparamos co ano 2022 (11.491 usuarios). Iniciáronse un total de 36.896 sesións e o promedio de páxinas que visitou durante unha única sesión foi de 2,92. A duración media de cada sesión foi de 4 minutos.
O número de páxinas vistas ascendeu a 107.726, é decir, o número de veces que unha páxina foi cargada ou recargada por un usuario. Isto supón unha proporción de 4,4 páxinas vistas por sesión. No que se refire aos eventos, é decir, as accións específicas que os usuarios realizaron na nosa web, ascendeu a 251.485. A taxa de rebote foi do 39,57%, isto é a porcentaxe de visitantes que abandonan o sitio web despois de ver una soa páxina sen interactuar con ningún outro contido. Os días con maior número de usuarios foron 15/12 con 10.297 usuarios, o 16/10 con 8.451, o 5/9 con 3.099 e o 5/03 con 606.
Con respecto ao ano 2023, o número de usuarios disminuiu un 16%, pasando de 29.532 a 24.576. Porén, o usuario é agora máis activo e permanece máis tempo navegando na web que o ano pasado. O tempo medio de cada sesión aumentou un 25% pasando de un minuto e medio a 4. As páxinas vistas e o número de eventos tamén aumentaron, un 17,6% e un 2% respectivamente.
España foi o Estado con maior porcentaxe de usuarios cun 66,5%. Síguenlle, nesta orde, Estados Unidos (7%), Bélxica (4%), Países Baixos (1,5) e México (1,4). Máis da metade dos usuarios, o 55,32%, accederon desde Windows, o 21,42% desde Android e o 12,42% dende iOS. A maioría de usuarios, 0 66,2%, navegan dende un ordenador, mentres que o 33% faino dende o móbil e tan só o 1% dende a tablet.
O 61,9% das sesións foron iniciadas por mulleres, mentres que o 38,1% dos usuarios foron homes. No que respecta ás franxas de idade, na gran maioria de usuarios, o 68% descoñécese a súa idade. Dos que si a sabemos, a máis activa foi a de 45 a 54 anos cun 10,35% e 2.541 usuarios. Séguelle o sesgo de 55 a 64 (7,53%), 25-34 (5,65%), +65 (5,42%). Os rangos dos 35 aos 44 anos e de 18 a 24 anos representan cada un un 3%.
Ademais da portada, a páxina máis visitada foi a relativa ás bolsas da FGE en asuntos europeos, tanto na versión en galego como en castelán con 2 mil páxinas vistas.
➤ Novas
➤ Revista ECO
Un ano máis, a FGE colaborou coa revista dixital ECO do Eixo Atlántico, unha institución no xornalismo galego con máis de tres décadas de traxectoria, coa publicación de 6 artículos.