Actualidade

Portada » Actualidade » Análise FGE da actualidade comunitaria » Un novo pulo á democracia europea

Un novo pulo á democracia europea

11/03/2024 |

Unha das seis prioridades políticas definidas pola presidenta da Comisión Europea en 2019, é a protección e reforzo da democracia na Unión Europea. O plan de acción presentado en 2020 deu como resultado novas normas e recomendacións para fomentar unhas eleccións libres e xustas, reforzar a liberdade de medios de comunicación e loitar contra a desinformación. O novo mecanismo europeo do Estado de Dereito, pola súa parte, deu como resultado cinco informes anuas que analizan nos 27 Estados membros a independencia dos sistemas xudiciais, a loita contra a corrupción e o pluralismo dos medios de comunicación. 

A democracia participativa tamén obtivo un pulo significativo coa organización da Conferencia de Europa entre 2021 e 2022 que culminou con 49 propostas que están agora a levarse a práctica. Ademais, a COFE deixou como legado unha nova xeración de paneis de cidadáns elexidos ao chou en toda a UE que debateron sobre o desperdicio alimentario, os mundos virtuais e a mobilidade dentro da UE no eido da formación. 

Democracia europea

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data