Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Os socios de Incubtrans avalían os avances do proxecto e planifican novas accións para 2026

Os socios de Incubtrans avalían os avances do proxecto e planifican novas accións para 2026

13/02/2026 | ,

— A Fundación Galicia Europa participa no comité de pilotaxe do proxecto Incubtrans, do que fai parte

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2026 – A Fundación Galicia Europa, no marco do proxecto Incubtrans do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP), participou na reunión do comité de pilotaxe. Neste comité participaron as entidades que forman parte do proxecto: a Eurocidade Chaves-Verín, ADRAT, ANJE, a Universidade de Vigo, o Instituto Politécnico de Bragança, AJE-G (Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia) e a propia Fundación Galicia Europa.

Nesta reunión do comité de pilotaxe, celebrada de forma telemática, os socios trataron as actividades que se realizarán no marco do proxecto ao longo deste ano 2026. Entre estas actividades destacan as formacións que AJE-G está organizando para proporcionar servizos de orientación para o desenvolvemento de iniciativas empresariais no marco da incubadora transfronteiriza de empresas, así como as accións impulsadas pola Eurocidade Chaves-Verín, AECT, e pola Fundación Galicia Europa.

Demostración da lonxa virtual Incubtrans 

Durante o desenvolvemento da reunión, o representante do Instituto Politécnico de Bragança (IPB) realizou unha demostración da páxina web da lonxa virtual Incubtrans. Trátase dunha plataforma en liña destinada a facilitar a comercialización dos produtos e servizos producidos polas empresas adheridas á incubadora. Durante esta demostración, o representante do IPB amosou aos membros o funcionamento da parte da plataforma destinada aos clientes e da sección destinada aos comerciantes, así como as funcionalidades e vantaxes que ofrece esta lonxa virtual.

Próxima reunión do comité

Para rematar, a representante da Eurocidade Chaves-Verín e coordinadora do proxecto emprazou aos asistentes a fixar unha data para a celebración da seguinte reunión do comité de pilotaxe de xeito presencial.

Proxecto Incubtrans

Esta acción desenvólvese no marco do proxecto INCUBTRANS, aprobado ao abeiro do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, co financiamento FEDER. O proxecto Incubtrans ten como obxectivo crear un viveiro de empresas transfronteirizas para a Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. Preténdese estimular e apoiar a creación sostible de novas empresas, o emprego cualificado e a xeración de valor engadido no territorio fronteirizo interior desta eurorrexión. Deste xeito, promóvese a cooperación para maximizar o aproveitamento dos recursos endóxenos do territorio e o desenvolvemento de iniciativas e sectores clave.

© Incubtrans

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data