A directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, inaugurou e moderou unha nova edición dos ‘Encontros virtuais Xunta-UE’.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas »
A FGE organiza un encontro do membro español do Tribunal de Contas co resto de CCAA
As delegacións autonómicas en Bruxelas puideron abordar con Alejandro Blanco o seu informe sobre a proposta de revisión intermedia da política de cohesión 2021-2027.
Inscrición aberta para participar no Workshop de acción rural para empresarios
O 26 de maio, a Fundación Galicia Europa, coa colaboración da Associação de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega, celebrará en Chaves unha formación en capacitación empresarial como parte do proxecto europeo Incubtrans.
RuralYouthFuture leva aos seus socios a coñecer as boas prácticas do medio rural portugués
Durante a visita, analizáronse iniciativas, como os laboratorios vivos para a agricultura ou o uso da ciencia como ferramenta para crear oportunidades no interior do país.
Xunta e Comisión Europea analizan o Pacto por unha Industria Limpa
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, inaugurou unha nova edición dos ‘Encontros virtuais Xunta-UE’, moderada pola directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos.
Os responsables de asuntos europeos da Xunta visitan Bruxelas para coñecer de primeira man as canles de participación no debate europeo
Esta figura, creada pola Lei de Acción Exterior de Galicia de 2021, ten por obxectivo mobilizar a cada departamento autonómico para que participe nos asuntos comunitarios.
Aberto o prazo de inscrición á 22ª edición de TecEuropa, o curso en financiamento comunitario da FGE
Terá lugar do 23 ao 26 de xuño en Bruxelas. A Fundación Galicia Europa sufragará as custas da viaxe e estadía a 20 persoas seleccionadas.
A Xunta traslada a súa solidariedade á familia de Diego Bello na súa visita a Bruxelas
A directora da oficina da Fundación Galicia Europa na capital comunitaria, Ana Ramos, reuniuse con familiares e o avogado do mozo galego asasinado en Filipinas en 2020.
Stakeholders galegos perfilan as boas prácticas a presentar no proxecto “RuralYouthFuture”
Nos últimos seis meses, o traballo e o contacto activo entre os stakeholders e os socios galegos permitiron definir as boas prácticas de Galicia, que serán presentadas na próxima visita de estudo na nosa comunidade.
As rexións periféricas marítimas reúnense na sede da FGE para abordar a política de cohesión e orzamentaria
Máis de 40 representantes dos territorios que forman parte da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM) repasaron a posición e as accións da entidade nesta materia.