Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » O proxecto europeo Youleaders forma á mocidade en liderado e emprendemento

O proxecto europeo Youleaders forma á mocidade en liderado e emprendemento

17/03/2024 | ,

— A Fundación Galicia Europa, coa colaboración do Concello de Vedra, organizou o 15 e 16 de marzo o curso de desenvolvemento de capacidades en liderado para a mocidade da comarca.

— O proxecto YouLeaders ten como obxectivo empoderar e promover o papel clave da mocidade como líderes e axentes para o desenvolvemento sustentable dentro das súas comunidades.

Vedra, 17 de marzo de 2024. No marco do proxecto YouLeaders, a Fundación Galicia Europa e o Concello de Vedra organizaron esta fin de semana en Vedra (A Coruña) o curso híbrido dirixido á mocidade da comarca. No curso participaron mozos e mozas do municipio de entre 13 e 19 anos, xa que logo o obxectivo principal do proxecto é fomentar as capacidades de liderado e emprendemento das novas xeracións no ámbito rural do suroeste de Europa. A FGE liderou a parte presencial e os obradoiros desta formación.

Os contidos do curso incluiron as habilidades ‘soft’ e de liderado dirixidos ao desenvolvemento persoal e socioprofesional dos mozos a través de módulos sectoriais como a innovación social, a equidade de xénero, os obxectivos de desenvolvemento sostible (Axenda 2030), as habilidades dixitais, o turismo circular, o emprendemento social e o cambio climático.

A Fundación Galicia Europa liderou a parte presencial e os obradoiros desta formación

O curso concibiuse e codiseñouse por e para mozos e terá un efecto multiplicador nos países involucrados a nivel local, nacional e europeo coa participación de organizacións da sociedade civil, expertos nas áreas crave do curso, representantes políticos e outros actores relevantes. O programa incluíu o desenvolvemento de formacións e talleres tanto en liña como presenciais e todos os recursos e materiais desenvolvidos estarán dispoñibles mediante a creación dunha plataforma web en liña accesible como “recursos educativos abertos”, que representa o impulso culminante da experiencia de aprendizaxe dentro do proxecto YouLeaders.

Contidos do curso

Participantes do curso YouLeaders organizado pola Fundación Galicia Europa.En colaboración co Concello e técnicos de Vedra, realizáronse distintas actividades enmarcadas no primeiro módulo do proxecto, chamado Introdución á teoría do cambio e design thinking. Para iso, primeiro explicóuselles aos mozos en que consiste a teoría do cambio e ensinóuselles a elaborar un modelo de negocio tentativo. Ademais, tamén se expuxo en que consisten as habilidades interpersoais e como poden mellorarse, pois son esenciais para o labor que se espera que os mozos desenvolvan nas súas comunidades.

A través dun grupo de traballo comprometido composto por un consorcio de seis organizacións e institucións de Italia, España e Portugal e un equipo seleccionado de titores especializados no sector da educación e a formación profesional, 30 mozos por país foron seleccionados para participar no curso de desenvolvemento de capacidades innovador cuxo obxectivo final é promover as ideas máis innovadoras en termos de impacto social para fomentar o sentido de iniciativa e o emprendemento social dos mozos.

Proxecto YouLeaders

O proxecto YouLeaders (Líderes comunitarios en zonas rurais do Suroeste de Europa) busca promover a cidadanía activa e ten como obxectivo formar e promover habilidades de liderado entre os mozos das zonas rurais do Suroeste de Europa.

O público obxectivo deste proxecto son os mozos que viven en zonas rurais e enfróntanse ao problema da mala calidade do emprego, o desemprego e a fenda dixital, cuestións que afectan a múltiples rexións de España e Europa. O proxecto está interesado en promover o desenvolvemento rural sostible, facilitando o acceso dos mozos que viven en zonas rurais a novas oportunidades laborais.

Máis información: YouLeaders

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data