Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Encontros Virtuais »A Xunta e a Comisión Europea examinan a execución do Plan de Recuperación en Galicia
— A directora da oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa inaugurou o cuarto encontro do ano do ciclo «FGE | NextGeneratiOn Galicia».
— A directora destacou o papel das rexións na execución do MRR e avogou por unha gobernanza multinivel que garanta un reparto eficaz dos recursos.
Bruxelas, 21 de xuño de 2023 – Miguel Corgos, conselleiro de Facenda e Administración Pública, participou no cuarto encontro do ano do ciclo “FGE | NextGeneratiOn Galicia”, dedicado nesta ocasión á posta en marcha do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) e do Plan de Recuperación e Resiliencia español. A sesión foi moderada pola directora da oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos.
A reunión contou coa intervención de María José Doval, xefa de unidade adxunta na Dirección Xeral de Asuntos Económicos e Financeiros da Comisión Europea, quen explicou ós representantes da administración galegas cuestións de interese relacionadas coa posible modificación dos Plans de Recuperación, que terá que ser comunicada á Comisión Europea antes do 31 de agosto deste ano.
Ana Ramos afirmou: «As rexións desempeñamos un papel fundamental na posta en marcha do MRR, polo que seguimos avogando polo establecemento de mecanismos de colaboración eficaces que garantan unha gobernanza multinivel e un reparto eficaz dos recursos»
Ángel Tarrío, director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos, e a Santiago Álvarez, responsable da Oficina de Proxectos Tractores do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), ofreceron a perspectiva galega, centrada na gobernanza do Plan español ou na explicación de proxectos estratéxicos.
Galicia xa mobilizou a práctica totalidade dos 1 300 millóns de euros recibidos e continúa apoiando ó tecido empresarial gracias a iniciativas como “Impulsa Galicia”, a sociedade-público privada promovida pola Xunta de Galicia (xunto co sector financeiro e a empresa) que axiliza iniciativas empresariais tractoras. Porén, a xestión do MRR segue supoñendo un enorme reto, derivado dunha burocracia excesiva e dunha flexibilidade limitada para executar. Debido a isto, e para asegurar un reparto eficaz dos recursos, considérase necesario o establecemento de mecanismos de colaboración eficaces que garantan unha gobernanza multinivel. No caso español, isto favorecería, por exemplo, que os Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e a Transformación (PERTE) fosen máis amigables á hora de acomodar proxectos e se axustasen ós investimentos reais precisos.
.