- A Fundación Galicia Europa estrea unha serie de
reunións virtuais baixo o nome de “Galicia na recuperación económica
europea” para abordar distintos aspectos do Plan de Recuperación para
Europa
Bruxelas, 16 de
setembro do 2020. Co obxectivo de coñecer de
preto as políticas que se impulsan dende a Unión Europea e de dialogar cos
funcionarios comunitarios sobre a execución destas en Galicia, a Fundación Galicia
Europa estreou hoxe, 16 de setembro do 2020, a primeira dunha serie de reunións
virtuais tituladas “Galicia na recuperación económica europea”. Deste
modo, os distintos departamentos da administración autonómica poden coñecer de
primeira man as estratexias europeas en curso; unhas estratexias que cobran unha
maior relevancia no marco do novo Plan de Recuperación para Europa e do novo marco
financeiro plurianual 21-27, ambos acordados polos xefes de Estado e de Goberno
o pasado mes de xullo.
Esta primeira reunión
contou coa participación de representantes da Comisión Europea en materia de enerxía
e política rexional para abordar a transición ecolóxica, á que irá destinado o 30%
do orzamento da UE para o período 21 – 27. En particular, abordouse o futuro
Fondo de Transición Xusta, dotado de 17.500 millóns de euros para sufragar os
custos sociais e económicos da transición hacia unha economía hipocarbónica. Este
novo fondo está pensado para territorios altamente dependentes de industrias
que non teñen cabida no proceso de transición verde, como a produción de carbón
ou as que emiten unha gran cantidade de gases contaminantes, e nos que a
desaparición destas industrias implica grandes custos sociais e económicos.
A próxima das reunións virtuais programadas pola Fundación Galicia Europa terá lugar o mércores 23 de setembro e contará con representación da Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria e Emprendemento (DG GROW) que exporá as principais caraterísticas da nova Estratexia Industrial para Europa.
Para máis información consulte o documento adxunto