Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Encontros Virtuais » A Xunta e a Comisión Europea abordan a recuperación da economía española

A Xunta e a Comisión Europea abordan a recuperación da economía española

01/11/2021 | , , ,

Neste oitavo encontro do ciclo “FGE | Next Generation Galicia”, da Fundación Galicia Europa, unha ampla representación da Xunta puido debater e intercambiar ideas sobre os obxectivos e a posta en marcha do plan de recuperación español, a través do que se investirán 69 500 millóns de euros para avanzar cara unha España verde, dixital, inclusiva e con maior cohesión social e territorial.

Bruxelas, 28 de outubro de 2021.– Esta mañá, a Xunta de Galicia e a Comisión Europea déronse cita no ciclo de encontros virtuais “FGE | Next Generation Galicia” para abordar a posta en marcha e o proceso de recuperación da economía española tras a pandemia.

Durante o encontro, moderado pola directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, unha ampla representación da Xunta puido afondarna posta en marcha do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da man da xefa de unidade adxunta na Dirección Xeral de Asuntos Económicos e Financeiros da Comisión Europea, a galega María José Doval, así como nos obxectivos concretos aos que deberán ir encamiñadas as medidas de transformación do tecido económico e social español recollidas no Plan Nacional de Recuperación “España pode”.

O plan, aprobado pola Comisión o pasado mes de xuño, canalizará 69 500 millóns de euros para reparar os danos provocados pola crise da COVID-19 e, a través de reformas e investimentos , construír un futuro más sostible.. España é o primeiro país receptor neto destes fondos, dos que 9 000 M€ xa foron transferidos no mes de agosto a modo de prefinanciamento.

Pola súa parte e á espera de coñecer os criterios de reparto que aplicará o Goberno central, a Xunta explicou á Comisión Europea o traballo que leva realizando ao longo do último ano no marco da comisión “Next Generation Galicia”, mediante a que xa identificou máis de 300 proxectos, por valor de case 20 000 millóns de euros, susceptibles de optar ao financiamento dos fondos de recuperación europeos para transformar a economía galega, incrementar a súa competitividade, impulsar novas cadeas de valor e fomentar o emprego de calidade.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data