O programa Xuventude Mentoring xa ten abertas as solicitudes para a súa VII edición. O prazo para inscribirse neste programa, financiado polo Fondo Social Europeo, remata o vindeiro 25 de abril.

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude »
O programa Xuventude Mentoring xa ten abertas as solicitudes para a súa VII edición. O prazo para inscribirse neste programa, financiado polo Fondo Social Europeo, remata o vindeiro 25 de abril.
Actualidade — O programa de transición á vida laboral está financiado polo Fondo Social Europeo — A edición anterior participaron preto de 100 persoas mozas e máis de 200 mentoras Bruxelas, 3 de marzo de 2023. O programa Xuventude Mentoring,...
O vindeiro 9 de decembro, a Fundación Galicia Europa participa no encontro “Empredemento e Xuventude”, organizado pola Dirección Rexional do Norte do Instituto Portugués do Deporte e Xuventude, enmarcado á súa vez no proxecto Lidera, do que a Fundación é socio.
As axudas á mobilidade EURES materialízanse a través de Plans Específicos de Mobilidade, que teñen por obxectivo ofrecer asistencia personalizada a todas aquelas persoas que queiran atopar emprego, prácticas ou formación en países da Unión Europea, Noruega ou Islandia. Desta maneira, préstase apoio aos solicitantes en diferentes eidos como o idioma ou o recoñecemento de cualificacións.
A Fundación Galicia Europa participou hoxe nas xornadas “Mobilidade laboral e procura de emprego por Europa” da Asociación Área Empresarial do Tambre, enmarcada no Programa Integrado de Emprego.
Está aberto o prazo para solicitar as prácticas remuneradas na Secretaría Xeral do Consello, que ten por obxectivo que as persoas solicitantes experimenten de primeira man o traballo da institución e adquiran coñecementos prácticos sobre o traballo da Unión Europea.