Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Formación » A terceira edición do programa Xuventude Mentoring abre a súa convocatoria

A terceira edición do programa Xuventude Mentoring abre a súa convocatoria

03/03/2023 |

— O programa de transición á vida laboral está financiado polo Fondo Social Europeo

— A edición anterior participaron preto de 100 persoas mozas e máis de 200 mentoras

Bruxelas, 3 de marzo de 2023. O programa Xuventude Mentoring, organizado pola consellería de Política Social e Xuventude xunto a Cixug e as tres universidades públicas galegas, xa ten abertas as solicitudes para a súa terceira edición. O prazo remata o 10 de marzo; todas as persoas interesadas poden inscribirse nesta ligazón.

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentorizaxe destinado á mocidade xa titulada, servindo de nexo entre o mundo académico e o mundo laboral. As persoas participantes contan, en todo momento, co acompañamento dun equipo técnico de profesionais expertos en prospección e orientación para o emprego, así como dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego que ofrecerán asesoramento e apoio ás súas mentorizadas.

Ademais, elabóranse actividades formativas de xeito presencial, semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o futuro desenvolvemento profesional. Tamén foméntase a asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).

As solicitudes están abertas para todas aquelas interesadas, de entre 18 e 30 anos, que xa teñan finalizados os estudos universitarios ou de Formación Profesional superior en Galicia. É obrigatorio estar rexistrada e ser beneficiaria do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade autónoma de Galicia.

As persoas participantes contan, en todo momento, co acompañamento dun equipo técnico de profesionais expertos en prospección e orientación para o emprego

A Fundación Galicia Europa participa nesta proxecto como mentora. Xuventude Mentoring, ademais, está financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo, con cargo do Programa operativo de emprego xuvenil para o período 2014-2020.

Un programa exitoso nas súas primeiras edicións

A primeira edición do programa Xuventude Mentoring tivo lugar no ano 2021. Dende ese ano unhas 300 persoas mozas teñen participado nel, así como case 350 mentoras. Máis do 33% das participantes atoparon traballo no ano despois da súa asistencia.

Máis información: Xuventude Mentoring

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data