Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Traballo » A Fundación Galicia Europa participa nun encontro sobre Emprendemento e Xuventude

A Fundación Galicia Europa participa nun encontro sobre Emprendemento e Xuventude

07/12/2021 |

  • O encontro enmárcase no proxecto LIDERA, do que a Fundación Galicia Europa é socio. 
  • Este evento celebrarase en liña o vindeiro 9 de decembro e retransmitirase a través da páxina do Instituto Portugués de Deporte e a Xuventude.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2021. O vindeiro 9 de decembro, a Fundación Galicia Europa participa no encontro “Empredemento e Xuventude”, organizado pola Dirección Rexional do Norte do Instituto Portugués do Deporte e Xuventude, enmarcado á súa vez no proxecto Lidera, do que a Fundación é socio.

No evento, participarán persoas cunha longa traxectoria no eido da xuventude e emprendemento, como: Vitor Dias, director do IPDJ; Carlota Borges, Concelleira de Xuventude; Bruno Caldas, da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho; João Vieito, da Escola Superior de Ciencias Empresariais; André Neves, da Federación Académica; Gastão Valente, de Stray Dogs Handmade Surcrafts; Nuno Marujo de Ablute e Pilar del Oro, da Fundación Galicia Europa.

O evento, que se celebrará en liña, poderá seguirse a través da páxina do evento do Instituto Portugués do Deporte e a Xuventude a partir das 17:00 (hora portuguesa) e até as 19:00 (hora portuguesa).

Proxecto LIDERA

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (LIDERA, 0205_LIDERA_1_E) é un proxecto europeo que conta co apoio financeiro do programa Interreg V A Espanha-Portugal 2014-2020 (POCTEP), e ten como un dos seus obxectivos dar a coñecer aos participantes as diferentes opcións de programas que existen na Unión Europea para financiar proxectos de cooperación transfronteiriza.

Son socios do proxecto: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela; Instituto Português do Desporto e da Xuventude (IPDJ) e a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Non hai novas relacionadas