Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE

A Comisión eliminará progresivamente o Marco Temporal relativo ás axudas estatais no contexto da COVID-19

12/05/2022 | , ,

— O 12 de maio comezou a eliminación gradual, progresiva e coordinada do marco temporal relativo ás axudas estatais no contexto da COVID-19 ata o 30 de xuño de 2022.
— O Marco temporal xa prevé unha transición flexible onde as empresas afectadas non se verán excluídas de súpeto das axudas necesarias e, concretamente, no caso das opcións de conversión e reestruturación de instrumentos de débeda, cara a outras formas de axuda, como as subvencións directas, ata o 30 de xuño de 2023, con salvaguardas claras.

 

Bruxelas, de 12 de maio de 2022.– A Comisión Europea eliminará progresivamente o Marco temporal relativo ás axudas estatais no contexto da COVID-19, adoptado o 19 de marzo de 2020 e modificado por última vez o 18 de novembro de 2021, que permitiu aos Estados membros facer fronte a unha grave perturbación da economía no contexto da pandemia de coronavirus.

Este Marco temporal non se prorrogará máis aló da súa data de expiración actual, que é o 30 de xuño de 2022, no caso da maioría dos instrumentos facilitados. O actual plan de eliminación progresiva e transición non cambiará, incluída a posibilidade de que os Estados membros establezan medidas específicas de apoio ao investimento e á solvencia ata o 31 de decembro de 2022 e o 31 de decembro de 2023, respectivamente, como xa se anunciou en novembro do ano pasado.

 

Contexto

O Marco temporal relativo ás axudas estatais no contexto da COVID-19 adoptouse o 19 de marzo de 2020 e modificouse o 3 de abril de 2020 por primeira vez para ofrecer máis posibilidades de apoio público á investigación, a realización de probas diagnósticas e a fabricación de produtos para loitar contra a pandemia de coronavirus, preservar o emprego e manter o respaldo á economía. O 8 de maio de 2020, a Comisión adoptou unha segunda modificación pola que se ampliaba o ámbito de aplicación do Marco temporal a medidas relativas á recapitalización e a deuda subordinada. O 29 de xuño de 2020, a Comisión adoptou unha terceira modificación pola que se ampliaba o ámbito de aplicación do Marco temporal a fin de seguir apoiando ás microempresas, as pequenas empresas e as empresas emerxentes, e incentivar as inversións privadas. O 13 de outubro de 2020, a Comisión prorrogou o Marco temporal ata o 30 de xuño de 2021, coa excepción das medidas relativas á recapitalización, que podían concederse ata o 30 de setembro de 2021, e permitiu aos Estados Membros cubrir parte dos costes fixos non cubertos das empresas afectadas pola crise. O 28 de xaneiro de 2021, a Comisión adoptou unha quinta modificación pola que se ampliaba o alcance do Marco temporal aumentando os límites máximos establecidos nel e permitindo a conversión de determinados instrumentos reembolsables en subvencións directas ata finais de 2022. O 18 de novembro de 2021, a Comisión prorrogou o Marco temporal relativo á COVID-19 ata o 30 de xuño de 2022 e introduciu duas novas medidas para crear incentivos directos para a inversión privada prospectiva e as medidas de apoio á solvencia, por un periodo limitado adicional.

Máis información: Comisión Europea

 

 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data