Bolsas

Portada » Actividades » Bolsas » 2019 » 8ª Edición de TecEuropa – Semana Europea das Rexións e das Cidades (7 ao 10 de outubro)

8ª Edición de TecEuropa – Semana Europea das Rexións e das Cidades (7 ao 10 de outubro)

A Fundación Galicia Europa (FGE) organiza unha nova edición de TecEuropa, o seu programa de especialización en financiamento comunitario, que nesta ocasión prestará apoio á participación galega na Semana Europea das Rexións e Cidades (EWRC 2019) do 7 ao 10 de outubro na cidade de Bruxelas. Para máis información, pode consultar a nova relacionada e o apartado de preguntas frecuentes.
 
Tras pecharse a convocatoria desta 8ª edición do programa o pasado 18 de xullo, o 9 de agosto publicouse a lista de 20 seleccionados que van participar nesta nova edición.
 
Desde a Fundación Galicia Europa consideramos conveniente comezar a inscribirse nos seminarios e actos da EWRC 2019 nos que estean interesados, dado que as prazas poden esgotarse. Ademais, lembrámoslles que a segunda semana de outubro na que se vai desenvolver a EWRC 2019 son datas de grande demanda para voos e aloxamento na cidade de Bruxelas.
 
A continuación, pode atopar máis abaixo o programa TecEuropa-EWRC 2019, no que atoparán a axenda desa semana xunto cunha selección de actos suxeridos a modo de exemplo pola FGE.
 
Última actualización: 10 de outubro de 2019

Documentos para descarga