Teceuropa xuño 2025

Que é Teceuropa?

A vixésimo terceira edición de TecEuropa terá lugar en Bruxelas do 18 ao 21 de novembro. A asistencia é de balde. Os asistentes terán a posibilidade de coñecer de preto as principais institucións comunitarias. 

O obxectivo do curso é o de proporcionar ao persoal técnico das entidades galegas unha visión xeral das diferentes fontes de financiamento comunitario e, sobre todo, a oportunidade de comprender a lóxica de intervención da UE a través dos diferentes fondos e programas.

Busca, ademais, crear unha rede de técnicos en Galicia para compartir experiencias e coñecementos, así como para desenvolver eventualmente proxectos conxuntos.

Programa previsto TecEuropa | 23ª Edición

 

Martes, 18 de novembro
9:00Benvida e presentacións
10:30-13:30Curso de financiamento comunitario
15:30-17:00Visita ao Parlamento Europeo
Mércores, 19 de novembro
9:30-13:00Visita á Comisión Europea
16:00-17:00Visita ao Consello
Xoves, 20 de novembro
9:30-13:00Curso de financiamento comunitario
14:00-15:00Sesión final e conclusión
16:00-17:00Visita ao Comité Europeo das Rexións
Venres, 21 de novembro
Todo o díaPosibilidade de establecer contactos profesionais a cargo dos participantes