Dende a Fundación Galicia Europa presentamos esta mesa redonda para debater cos galegos que traballan nas institucións europeas a percepción en Galicia das políticas europeas e o papel que está a desempeñar a nosa comunidade nesta época de grandes cambios e retos.
Para iso, contamos coa intervención do conselleiro de Facenda e Administración Pública de Galicia, Miguel Corgos, quen nos presentará o Plan Estratéxico de Galicia 2030 (PEG), adoptado polo Parlamento de Galicia a principios de ano. Tamén contaremos con representación da Comisión Europea, o Parlamento Europeo e a Representación Permanente de España fronte a Unión Europea.