
European Youth Event 2023
09/06 - 10/06

Estrasburgo acolle, un ano máis, o European Youth Event (EYE). Os días 9 e 10 de xuño milleiros de mozas e mozos, de entre 16 e 30 anos, de toda a UE debatirán e compartirán ideas de como deseñar o futuro de Europa. Tamén participarán expertos, influencers, activistas e responsables políticos.
Nesta quinta edición levaranse a cabo case 200 actividades como debates, panéis, actuacións artísticas, oportunidades de networking, deporte e obradoiros interactivos.
Rexistro aberto ata o 24 de febreiro nesta ligazón.