Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » A FGE convoca unha praza fixa de asesor/a técnico/a II para a súa oficina de Bruxelas

A FGE convoca unha praza fixa de asesor/a técnico/a II para a súa oficina de Bruxelas

29/03/2026 |

— O prazo de presentación de solicitudes rematou o 24 de abril.  

Bruxelas, 26 de marzo de 2026. A Fundación Galicia Europa convocou un proceso selectivo para cubrir unha praza de asesor/a técnico/a II (grupo I) como persoal laboral fixo, con destino na súa oficina de Bruxelas.

O sistema de selección é o de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre.

Prazo de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes foi de 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación no DOG e permaneceu aberto ata o 24 de abril de 2026.

Requisitos principais

As persoas candidatas deberán contar cun título universitario oficial e acreditar un nivel B2 de inglés. Ademais, será necesario acreditar o Celga 4 ou, no seu defecto, superar a proba de coñecemento da lingua galega.

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas deberon cubrir o formulario de inscrición (dispoñible en galego e castelán) e presentalo, xunto coa documentación requirida, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante o procedemento PR004A, dirixido á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes – Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

Proceso selectivo

As probas poderán realizarse en Santiago de Compostela ou Bruxelas, segundo a opción indicada na solicitude, e desenvolveranse nunha única xornada.

Composición do tribunal

Unha vez finalizado o proceso de inscrición, o 4 de maio de 2026 publicouse a constitución e composición do tribunal. Podes consultalo aquí.

🔗 Para máis información visita nas bases e no anuncio no DOG e o portal de transparencia da FGE.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data