No Consello Europeo celebrado esta semana, que contou coa presenza de Volodímir Zelenski, tamén estiveron sobre a mesa o informe de Mario Draghi sobre competitividade e os acordos con Marruecos, ademais de reiterarse as críticas á situación en Venezuela.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea »
O Tribunal de Xustiza da UE avala a Decisión da Comisión Europea de multar a Irlanda polos beneficios fiscais concedidos a empresas tecnolóxicas
En relación ao caso de Appel, o Tribunal considera suficientemente fundada e xustificada a Decisión da Comisión Europea pola que se demanda a Irlanda que recupere os 13 000 millóns de euros que o país deixou de recadar en materia de impostos.
A Comisión adopta unha prórroga limitada dos instrumentos de axuda estatal para seguir apoiando aos sectores agrícola e pesqueiro
O Marco Temporal de Crise relativo ás axudas estatais, adoptado o 23 de marzo de 2022, permitiu aos Estados membro aproveitar a flexibilidade prevista nas normas sobre axudas estatais a fin de apoiar a economía no contexto da guerra de Rusia contra Ucraína. O 9 de marzo de 2023, a Comisión adoptou o actual Marco Temporal de Crise e Transición para fomentar medidas de apoio en sectores que son clave para a transición cara a unha economía de cero emisións netas.
A Comisión adopta a Comunicación revisada sobre a definición de mercado en asuntos de competencia
A definición de mercado é un instrumento que permite determinar e definir os límites da competencia entre empresas. O obxectivo de definir os mercados xeográficos e de produtos de referencia é determinar os competidores reais e potenciais que restrinxen as decisións comerciais das empresas, talles como as relativas ás súas condicións de oferta. Desde este punto de vista, a definición de mercado permite, entre outras cousas, calcular as cotas de mercado que poden achegar información significativa a efectos da avaliación do poder de mercado.
Entran en vigor as novas normas para pequenas cantidades de axuda estatal e servizos de interese económico xeneral
A Comisión Europea adoptou dous regulamentos que modifican as normas xerais para as axudas de pequena contía e para as axudas de pequena contía destinadas a servizos de interese económico xeral.
A Comisión aproba 1200 millóns de euros en axudas estatais para un proxecto común sobre tecnoloxías de computación na nube e no bordo
A Comisión aprobou, en virtude das normas sobre axudas estatais, un proxecto importante de interese común europeo para apoiar a investigación, o desenvolvemento e a primeira utilización industrial de tecnoloxías avanzadas de computación na nube e no bordo por parte de múltiples provedores de toda Europa. O proxecto, chamado PIICE de infraestrutura e servizos na nube de nova xeración, foi notificado conxuntamente por sete Estados membro.
A Comisión aproba un réxime español de axudas estatais por valor de 1.100 millóns para fomentar a transición ecolóxica
Este réxime se financiará parcialmente con cargo ao MRR e as axudas adoptarán a forma de subvencións directas, concedéndose ás empresas que produzan os equipos pertinentes e compoñentes clave deseñados e utilizados principalmente como insumos directos para a produción dos devanditos equipos ou das materias primas fundamentais conexas necesarias.
A Comisión prorroga determinados instrumentos do marco temporal de crise e transición relativo ás axudas estatais de cara ao inverno
O marco temporal de crise relativo ás axudas estatais permite aos Estados utilizar a flexibilidade prevista nas normas sobre axudas estatais co fin de soster a economía no contexto da guerra de Ucraína. Con esta última modificación, a Comisión axusta o calendario de eliminación gradual de certas disposicións do marco, estendendo o período de funcionamento de certos instrumentos de axuda estatal para seguir respondendo ás crises.
A Comisión prorroga a posibilidade de conceder axudas de funcionamento a determinados aeroportos rexionais
A prórroga da Comisión estenderase ata o 4 de abril de 2027, e poderá beneficiar a determinados aeroportos rexionais.
A Comisión aproba un réxime español por valor de 680 millóns de euros con cargo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia para apoiar o despregamento de redes móbiles 5G en zonas rurais
Este réxime destinarase ao despregamento de equipos e infraestruturas de redes autónomas 5G de alto rendemento en zonas rurais que non están a ser adecuadamente atendidas. Esta aprobación realízase de acordo con as normas da Unión Europea sobre axudas estatais.