Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Os líderes da UE reafírmanse no seu apoio a Ucraína, chaman a un alto ao fogo en Gaza e abordan a crise migratoria

Os líderes da UE reafírmanse no seu apoio a Ucraína, chaman a un alto ao fogo en Gaza e abordan a crise migratoria

18/10/2024 | ,

Bruxelas, a 18 de outubro de 2024 

Durante os días 17 e 18 de outubro tivo lugar en Bruxelas a última reunión do Consello Europeo para este ano 2024. O evento, que reuniu a varios xefes de Estado e de Gobierno dos países membros, pechouse cun documento de conclusións relativo a asuntos como a guerra en Ucraína, Oriente medio, a consecución dunha orde internacional segura, competitividade, migración e relacións exteriores da Unión, entre outros.

A guerra en Ucraína é xa un asunto habitual nas reunións do Consello Europeo. Nas conclusións deste cume de outubro os líderes da UE reafirmaron o seu compromiso con este país e defenderon unha solución ao conflito baseada na carta de Nacións Unidas que incorpore a vontade do Gobierno ucraniano e dos seus cidadáns. En canto á competitividade, o informe de Mario Dragui “O futuro da competitividade Europea” inspirou o debate sobre este asunto. As conclusións deste Consello Europeo fan un chamamento a todas as institucións, países membros e axentes a mellorar neste ámbito para lograr unha UE máis forte e resiliente na esfera internacional.

Doutra banda, as conclusións sobre inmigración centráronse en reafirmar a necesidade de xestionar os fluxos migratorios desde as relacións exteriores da UE cos países de orixe e de tránsito dos migrantes. Ademais, defenden a necesidade de incrementar o número de deportacións e acelerar a súa tramitación.

No ámbito das relacións internacionais as conclusións foron dirixidas principalmente á guerra de Gaza e os seus efectos en países veciños e tamén as situacións de crises noutros países da comunidade internacional. O Consello Europeo pediu un alto ao fogo a todas as partes involucradas no conflito, apelando a unha solución que respecte o dereito internacional e o dereito humanitario. Continuando cas conclusións sobre relacións internacionais, esta institución mostrouse crítica ás violacións de dereitos humanos acaecidas en Venezuela tras as eleccións do 28 de xullo no país, e pediu que se respetase a vontade da sociedade venezolana e se liberásese aos presos políticos.

Marrocos foi outro dos países referidos no documento de conclusións. Despois de que o TXUE anulase os acordos de pesca e agricultura UE-Marrocos este mes de outubro, os líderes do Consello Europeo quixeron reafirmar nas súas conclusións o alto valor do acordo de asociación entre a Marrocos e a Unión e expresar o seu desexo de continuar tecendo lazos máis fortes entre as dúas partes.

 

Máis información:

Conclusións do Consello Europeo, 17 de outubro de 2024

 

Fonte: Flickr

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data