O marco temporal de crise relativo ás axudas estatais permite aos Estados utilizar a flexibilidade prevista nas normas sobre axudas estatais co fin de soster a economía no contexto da guerra de Ucraína. Con esta última modificación, a Comisión axusta o calendario de eliminación gradual de certas disposicións do marco, estendendo o período de funcionamento de certos instrumentos de axuda estatal para seguir respondendo ás crises.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea »
A Comisión prorroga a posibilidade de conceder axudas de funcionamento a determinados aeroportos rexionais
A prórroga da Comisión estenderase ata o 4 de abril de 2027, e poderá beneficiar a determinados aeroportos rexionais.
A Comisión aproba un réxime español por valor de 680 millóns de euros con cargo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia para apoiar o despregamento de redes móbiles 5G en zonas rurais
Este réxime destinarase ao despregamento de equipos e infraestruturas de redes autónomas 5G de alto rendemento en zonas rurais que non están a ser adecuadamente atendidas. Esta aprobación realízase de acordo con as normas da Unión Europea sobre axudas estatais.
A Comisión aproba un réxime de axudas español por valor de 837 millóns de euros
A Comisión Europea aprobou un réxime de axudas español por valor de 837 millóns de euros para apoiar a produción de baterías para a cadea industrial de vehículos eléctricos e conectados co fin de fomentar a transición cara a unha economía con cero emisións netas, en consonancia co Plan Industrial do Pacto Verde.
Axudas estatais: a Comisión prorroga e modifica o Marco Temporal de Crise
A Comisión Europea adoptou o pasado 28 de outubro unha modificación do Marco Temporal de Crise das axudas estatais, polo que permétese aos Estados membros continuar sendo beneficiaros das axudas estatais como apoio económico no contexto da guerra en Ucraína
Axudas estatais: a Comisión adopta un Marco revisado sobre axudas estatais de investigación, desenvolvemento e innovación
A Comisión adoptou unha Comunicación revisada sobre as normas sobre axudas estatais de investigación, desenvolvemento e innovación para establecer as normas conforme as cales os Estados membros poden conceder axudas estatais a empresas para actividades de I+D+i.
A Comisión aproba un réxime español por valor de 500 M € con cargo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia para apoiar o despregamento de redes de retorno de banda ancha nas zonas rurais
A Comisión Europea aprobou, conforme as normas sobre axudas estatais da UE, un réxime español por valor de 500 M € asignado con cargo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) para apoiar o despregamento de infraestruturas de retorno de banda ancha nas zonas rurais
O Parlamento Europeo vén de aprobar o cargador universal para móbiles e outros aparatos electrónicos a partir de 2024
A finais de 2024, todos os teléfonos móbiles, tabletas e cámaras vendidos na UE terán que estar equipados cun porto de carga USB tipo C. A partir da primavera de 2026, a obriga estenderase aos portátiles.
Axudas estatais: a Comisión modifica o marco temporal de crise
A Comisión Europea adoptou hoxe unha modificación do marco temporal de crise relativo ás medidas de axuda estatal, adoptado en principio o 23 de marzo de 2022, coa fin de soster a economía no contexto da invasión rusa de Ucraína.
A Comisión aproba unha medida española e portuguesa destinada a reducir o prezo da electricidade no contexto da crise enerxética
A Comisión Europea vén de aprobar unha medida española e portuguesa por valor de 8 400 millóns de euros destinada a reducir os prezos almacenistas da electricidade no mercado ibérico mediante a minoración do custo dos insumos das centrais eléctricas alimentadas con combustibles fósiles.