Programa TecEuropa

19ª edición do curso online de especialización en financiamento europeo para entidades galegas. Do 8 ao 17 de novembro

Que é TecEuropa?

TecEuropa é o curso de referencia en financiamento comunitario en Galicia, organizado pola Fundación Galicia Europa, para entidades galegas que buscan unha especialización na materia.

Esta décimo novena edición de TecEuropa terá lugar de xeito virtual e está destinada a entidades públicas e privadas galegas.

Ao longo de catro sesións, os asistentes poderán abordar, da man de especialistas e representantes comunitarios, todos os aspectos relativos á política rexional e á posta en marcha das transicións verde e dixital. Poderán, ademais, identificar as diferentes oportunidades de financiamento que ofrece o actual marco financeiro europeo, a través de programas como Horizonte Europa.

Cales son os obxectivos do curso?

  1. Proporcionar ao persoal técnico das organizacións non gubernamentais para o desenvolvemento unha visión xeral das diferentes fontes de financiamento comunitario e, sobre todo, a oportunidade de comprender a lóxica de intervención da UE a través dos diferentes fondos e programas dispoñibles.
  2. Crear unha rede de técnicos en Galicia para compartir experiencias e coñecementos, así como para desenvolver eventualmente proxectos conxuntos.

Por que asistir?

Tras a súa participación no programa TecEuropa, os asistentes avaliaron positivamente a experiencia por:
  • A oportunidade de obter información de primeira man sobre a actividade das institucións europeas e de identificar as oportunidades de financiamento para o desenvolvemento do traballo nas súas entidades.
  • A visión xeral ofrecida do financiamento comunitario.
  • Os contactos establecidos con persoas doutras entidades en Galicia que desenvolven proxectos europeos ou xestionan fondos comunitarios.
  • A posibilidade de poñer en común as experiencias de distintos actores en diferentes fases da execución dos fondos: autoridade de xestión, organismos intermedios, beneficiarios…
  • A ocasión que supón para reflexionar sobre a intervención pública e privada á hora de enfrontar retos en Galicia como o desemprego, o declive demográfico ou a loita contra o cambio climático.

Programa TecEuropa novembro de 2023

Mércores, 8 de novembro. Visita virtual á Comisión Europea

9:30. Conexión e benvida

  • Jesús Gamallo, director da Fundación Galicia Europa e director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.

9:45. Balance das prioridades da Comisión Europea 2019- 2024. Como lle foi ata o de agora?

  • Transición verde a cargo de Jesús Alquézar Sabadie, analista socio-económico na Dirección Xeral de Medioambiente (DG ENV).
  • Transición dixital a cargo de Ignacio Moreno Aramburu, da unidade coordinadora da Década Dixital da UE da Dirección xeral Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxías (DG CONNECT).

11:30. Pausa de 30 minutos

12:00. Mecanismo de Recuperación e Resiliencia

  • A cargo de Isabel Lara Miranda, do grupo de traballo “Recuperación e Resiliencia” da Secretaría Xeral da Comisión Europea.

13:00. Fin da sesión

Venres, 10 de novembro

9:00. Introdución ao financiamento europeo, a cargo de Juan Viesca, da Fundación Finnova.

  • O orzamento comunitario, liñas financieiras e Plan de Recuperación para Europa.
  • Acceso aos fondos europeos para proxectos de entidades locais e públicas.
  • Como se presenta un proxecto. Funding and tenders portal.
  • Presentación práctica das convocatorias de Horizonte Europa e do Consello Europeo de Innovación.

11:00 Fin da sesión

Mércores, 15 de novembro

9:00. Liñas de financiamento e aspectos prácticos dun proxecto europeo, a cargo de Patricia Tejada, da Fundación Finnova.

  • Covocatorias Erasmus + e plataforma Webgate.
  • Presentación dun proxecto europeo: consellos de redacción, análise de formularios de proxectos europeos aprobados, fontes documentais e de información, portal do participante e rexistro, procura de socios, métodos, bases de datos, aspectos legais e contratos e convenios.

11:00. Fin da sesión

Venres, 17 de novembro

9:00. Liñas de financiamento e aspectos prácticos dun proxecto europeo, a cargo de Carla García, da Fundación Finnova.

  • Convocatorias de Life e CERV (Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores)
  • Presentación dun proxecto europeo: consellos de redacción e análise de formularios de proxectos europeos aprobados. 

11:00. Peche da 19ª edición de TecEuropa

  • Ana Ramos Barbosa, directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.