Que é TecEuropa?
TecEuropa é o curso de referencia en financiamento comunitario en Galicia, organizado pola Fundación Galicia Europa, para entidades galegas que buscan unha especialización na materia.
Nove anos despois da súa creación, TecEuropa celebrará este 2024 a súa vixésima edición, que terá lugar de xeito virtual e está destinada a entidades públicas e privadas galegas.
Ao longo de catro sesións, os asistentes poderán abordar, da man de especialistas e representantes comunitarios, todos os aspectos relativos á política rexional e á posta en marcha das transicións verde e dixital. Poderán, ademais, identificar as diferentes oportunidades de financiamento que ofrece o actual marco financeiro europeo, a través de programas como Horizonte Europa.
Cales son os obxectivos do curso?
- Proporcionar ao persoal técnico das organizacións non gubernamentais para o desenvolvemento unha visión xeral das diferentes fontes de financiamento comunitario e, sobre todo, a oportunidade de comprender a lóxica de intervención da UE a través dos diferentes fondos e programas dispoñibles.
- Crear unha rede de técnicos en Galicia para compartir experiencias e coñecementos, así como para desenvolver eventualmente proxectos conxuntos.

Por que asistir?
- A oportunidade de obter información de primeira man sobre a actividade das institucións europeas e de identificar as oportunidades de financiamento para o desenvolvemento do traballo nas súas entidades.
- A visión xeral ofrecida do financiamento comunitario.
- Os contactos establecidos con persoas doutras entidades en Galicia que desenvolven proxectos europeos ou xestionan fondos comunitarios.
- A posibilidade de poñer en común as experiencias de distintos actores en diferentes fases da execución dos fondos: autoridade de xestión, organismos intermedios, beneficiarios…
- A ocasión que supón para reflexionar sobre a intervención pública e privada á hora de enfrontar retos en Galicia como o desemprego, o declive demográfico ou a loita contra o cambio climático.
Programa TecEuropa maio de 2024
Martes, 28 de maio. Visita virtual á Comisión Europea
8:45. Conexión e benvida de Ana Ramos Barbosa, directora da oficina de Bruxelas da FGE.
9:00. Visita virtual á Comisión Europea.
- Desenvolvemento rexional da UE 2021-27: que fai a UE en España para apoiar o desenvolvemento económico. A cargo de Vicente Rodríguez Sáez, experto da Unidade “Portugal e España” na Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana.
- Transición verde: balance da execución dunha das prioridades da Comisión Europea 2019-24. A cargo de Jesús Alquézar Sabadie, analista socioeconómico na Unidade “Bens comúns globais, valores universais e seguridade medioambiental” na Dirección Xeral de Medio Ambiente.
12:00. Fin da sesión
Xoves, 30 de maio
9:30. Liñas de financiamento e aspectos prácticos dun proxecto europeo, a cargo de Patricia Tejada, da Fundación Finnova.
11:30. Fin da sesión
Martes, 4 de xuño
9:30. Vista xeral do financiamento europeo, a cargo de Juan Viesca, da Fundación Finnova.
- O orzamento comunitario, liñas financeiras e Plan de Recuperación para Europa.
- Acceso aos fondos europeos para proxectos de entidades locais e públicas.
- Programas Interreg.
11:30. Fin da sesión
Xoves, 6 de xuño
9:30. Liñas de financiamento e aspectos prácticos dun proxecto europeo, a cargo de Adrián Noheda, da Fundación Finnova.
- Presentación das convocatorias que financian proxectos europeos no eido da innovación como Horizonte Europa, Acelerador do Consello Europeo de Innovación e LIFE.
- Presentación dun proxecto europeo: consellos de redacción e análise de formularios de proxectos europeos aprobados.
11:30. Peche da 20ª edición de TecEuropa.
- Ana Ramos Barbosa, directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.