Xustiza
INVESTIR NAS PERSOAS, COHESIÓN SOCIAL E VALORES
Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/693 do Parlamento Europeo e do Consello do 28 de abril de 2021 polo que se establece o programa Xustiza
Organismo xestor
Obxetivos
Apoiar o desenvolvemento dun espazo de xustiza na UE baseado no Estado de Dereito e no recoñecemento e a confianza mutuos. Facilitar o acceso á xustiza e promover a formación xudicial e a cooperación xudicial en materia civil e penal, así como a eficacia dos sistemas xudiciais nacionais.
Eixes de actuación
O Programa apoia principalmente as actividades destinadas á xudicatura e ao persoal xudicial, por parte dos seus órganos representativos, as autoridades públicas e os organismos de formación. Tamén está aberto a institutos académicos e de investigación e a organizacións da sociedade civil que contribúan ao desenvolvemento dun espazo europeo de xustiza. Financia actividades que melloren a confianza mutua, a cooperación (mesmo mediante tecnoloxías da información e a comunicación) e o coñecemento da lexislación da UE, os instrumentos de cooperación xudicial, a xurisprudencia pertinente do Tribunal de Xustiza da UE e o Dereito comparado (especialmente mediante o apoio á Rede Europea de Formación Xudicial) e a comprensión do Dereito civil e penal e dos sistemas xurídicos e xudiciais dos Estados membros, así como dos posibles obstáculos ao bo funcionamento dun espazo de xustiza da UE. O programa tamén apoia ás organizacións pertinentes da sociedade civil e ás organizacións sen ánimo de lucro que garanten un acceso adecuado aos seus servizos, asesoramento e actividades de apoio a todos os cidadáns.
Beneficiarios
Autoridades públicas, profesionais da xustiza e os seus órganos de representación e formación, institutos de investigación e organizacións da sociedade civil, etc.
Orzamento e intensidade das axudas
300 millóns de euros (prezos de 2021).
Observacións
O financiamento desembólsase en forma de subvencións, premios e contratacións.
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: DG JUST
Web del departamento